e-distrito

Franco Battiato.

  Franco Battiato, nado en Jonia (hoxe Riposto) o 23 de marzo de 1945, é un cantautor, compositor, director de cine e pintor italiano. Personalidade moi ecléctica e orixinal do panorama artístico e musical italiano, atravesou moitos estilos musicais: os comezos románticos, a música experimental, a vangarda, a ópera lírica, a música étnica, ou o rock progresivo, recibindo sempre unha boa acollida entre o público e a crítica, valéndose de colaboracións como o violinista Giusto Pio ou o filósofo Manlio Sgalambro, e construíndo unha carreira artística sen igual, reflexada recentemente nunha versión cinematográfica.

  Algúns dos seus temas ( Yo quiero verte danzar, Centro di Gravetá Permanente ou Nomadas) son auténticos iconos da música. 

  Na Coruña o autor repasará algúns dos seus temas clásicos e presentará "Le nostre anime" de 2.015.

.

Lugar:

  • Pazo da Ópera. Glorieta de América 3. 15.004 A Coruña

Data:

  • 24/07/2017

Ver todos os eventos

© 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.