e-distrito

GARUFA CLUB. Ceumar.

  Ceumar, unha das cantoras e compositoras brasileiras máis destacadas da actualidade, preséntase en Galiza no seu formato máis íntimo: guitarra e voz. Na súa música combínase de xeito único a música popular brasileira con influencias de pop, jazz, bossa nova e samba. 

  Naceu en Minas Gerais nunha familia de músicos, e comenzou a estudar guitarra en Belo Horizonte. No 2000 lanzou o seu primeiro disco, Dindinha, producido por Zeca Baleiro, e dende entón actuou nos principais palcos de Brasil e Europa.
Nesta ocasión presentará o seu sexto álbum, Silenza (2014), froito dunha colaboración co violonchelista francés Vincent Ségal, profundo coñecedor da música brasileira que ten traballado con nomes como Nana Vasconcelos, Elvis Costello, Cesaria Évora ou Carlinhos Brown, e fará tamén un repaso a algúns dos temas máis coñecidos da súa carreira.

.

Lugar:

  • Garufa Club. Rúa Riazor 5, 15005 A Coruña

Data:

  • 29/06/2017

Hora:

  • 22:30 h

Prezo:

  • 7/ 10 euros

Ver todos os eventos

© 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.