e-distrito

Ata 0 05-07/ Monotipos de Ana Zapata.

  Monotipo: clase de gravado moi apreciado polos coleccionistas de arte debido a que o creador ou creadora en cuestión inicia todo o proceso técnico co fin de obter unha única impresión desa obra.

  A creación de monotipos é unha técnica que admite innumerables procesos experimentais e plásticos, xa que permite plasmar con total liberdade de expresión calquera tema, figurativo ou abstracto, e ata pode conxugarse con outras técnicas afíns.

  O monotipo é o soporte elixido por Ana Zapata, pintora e escultora colombiana instalada en Galicia, para realizar a súa primeira mostra pictórica na Coruña, Monotipos, a cal será inaugurada o próximo 16 de xuño na Casa Museo de María Pita.

  En realidade, esta é a segunda vez que a novísima artista de Medellín mostra o seu traballo na nosa cidade, pois o pasado mes de decembro realizou unha intervención artística, multidisciplinar, na dársena, titulada Ser y sombra e incluída dentro do programa Expontáneas fomentado polo Concello da Coruña.

Lugar:

  • Casa Museo de María Pita. Rúa Herrerías 28. 15001 A Coruña

Data:

  • 05/07/2017

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

© 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.