e-distrito

Concerto benéfico de Amizades

  A favor de Cáritas Interparroquial A Coruña

  A Agrupación Musical amiZades nace como consecuencia da inquietude dunha serie de persoas de relevo profesional e social da cidade da Coruña, o grupo está formado por doutores, avogados, empresarios, arquitectos etc. e que manteñen como punto común a súa afección á música, ao labor social, cultural e humanitario.

  Son evidentes uns esquemas musicais, corais e solistas sólidos capaces de sustentar un repertorio de obras de longo percorrido sentimental e de conexión cun público que sintoniza moi rapidamente co grupo. A forma de expresar e de interpretar que sitúan a amiZades nun alto chanzo musical capaz de logros de maior caldo artístico. A súa capacidade de empaste, as súas versións e arranxos particulares, o seu orixinal cambio de ritmo ofrecen unha garantía de espectáculo.

.

Lugar:

  • Centro Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Data:

  • 07/07/2017

Hora:

  • 19:30 h

Prezo:

  • 8 Euros

Ver todos os eventos

© 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.