e-distrito

Slam (Beyond The Doors). En concerto.

  Información de Slam:

  Slam (do inglés, "portazo"), é unha banda formada por músicos coruñeses de activa promiscuidade musical, coa intención de recuperar o son da histórica e fugaz banda americana, liderada por Jim Morrison e Ray Manzarek. Hai que sumarlle, como pretensión engadida, a exploración dos límites musicais da devandita banda, tan abruptamente crebada en mocidade. Que sería deles 5, 10, 15 ó 20 anos máis tarde? Poida que puxesen parte dun pé no jazz, a musica electrónica ou as meta-anfetaminas... Nós só exploramos a primeira posibilidade. Por último é importante destacar que NON SOMOS IMITADORES, polo que nos nosos concertos non nos verás disfrazados deles con roupaxes e sustancias tóxicas... Digamos que nos importa máis que pechando os ollos uns segundos poidas recuperar a sensación dun daqueles concertos que nunca volverán...

.

Lugar:

  • Sala Mardi Gras. Travesía da Torre 8. 15002 A Coruña

Data:

  • 24/06/2017

Hora:

  • 22:30 h

Prezo:

  • 5 Euros

Ver todos os eventos

© 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.