e-distrito

Presentación do libro "A relixión do mar" de Xosé Iglesias

  Presentación do libro de Xosé Iglesias, publicado polo Instituto de Estudos Miñoranos

  Obra galardoada co IX Premio de Poesía Victoriano Taibo. Trátase dun libro que, sen abandonar a linguaxe poética, constitúe un auténtico tratado sobre a vida relacionada co mar. Desfilan por estas páxinas aparellos, artes de pesca, coñecementos de navegación, embarcacións, carpintería de ribeira, lugares, sucesos e un gran etcétera que o autor aproveita habilmente desbordando a súa intención didáctica e presentándonos, a través de imaxes ricas e suxestivas, un proxecto de vida na que labra a súa propia identidade. Versos con aroma a marusía que evidencian coñecemento profundo e vivencia prolongada do mundo mariño.

Lugar:

  • Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Data:

  • 16/10/2017

Hora:

  • 19:00 h

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

© 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.