e-distrito

Maria Arnal i Marcel Bagés

  O 23 de novembro a Sede Afundación A Coruña continúa coa súa cápsula de experiencias innovadoras co concerto de Maria Arnal i Marcel Bagés dentro da programación de Acreativa, un proxecto que ten por obxectivo presentar as novas tendencias e vangardas culturais.

  Convertidos por dereito propio na auténtica revelación de 2016, Maria Arnal i Marcel Bagés presentan o seu novo disco, 45 cerebros e 1 corazón, onde falan sobre o que lembramos e o que nos queren facer esquecer.

  A vocalista de Badalona (Barcelona) e o guitarrista de Flix (Tarragona) continúan a cadea de transmisión da música popular da mellor forma posible: creando cancións propias que se incorporan ao seu proxecto de rescate de gravacións de campo, arquivos dixitalizados e fonotecas da península ibérica.

.

Lugar:

  • Afundación. Rúa Cantón grande 8, A Coruña

Data:

  • 23/11/2017

Hora:

  • 22:30 h

Prezo:

  • 12/ 15 euros

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

© 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.