e-distrito

Servino Consulting

Tipo de Establecimento: Hostelería. Alimentación. Música, salas, material » Cafetarías e restaurantes.

Se desexa información sobre este establecemento, asesoramento sobre os seus productos, ou plantexar preguntas sobre os mesmos, escriba ao enderezo de correo electrónico: info@e-distrito.com

 

Servino Consulting

.

- Asesoramento para configurar unha adega de garda, tanto a restaurantes, tabernas e vinotecas coma a particulares.

- Organización de Concursos: dende a planificación estratéxica, á selección dos xurados e a execución da mecánica de catas, pasando pola construción de todos os soportes necesarios para a comunicación 2.0

- Xornadas de presentación de produto: grazas á nosa ampla base de datos desenvolvida nestes 6 anos de existencia como empresa estamos en óptima posición para organizar presentacións para Denominacións de Orixe, Adegas e Institucións Oficiais coa garantía de asistencia de profesionais do sector e público consumidor final.

- Deseño e impartición de Cursos especializados, para profesionais (sumilleres, maitres, barmans, camareiros...), de iniciación, para particulares e avanzados, e para consumidores finais xa con coñecementos vitivinícolas previos.

- Elaboración de material para divulgación dende folletos promocionais a Guías temáticas.

Servinoconsulting s.l. nace en 2005 participada ao 50% por: GRUPOFILTRO e ao 50% restante por Luis Paadín.

Luis Paadín, Sumiller.

Máster en Viticultura e Enoloxía Universidade de Vigo
Docente
Presidente da Asociación Galega de Catadores
Vicepresidente da Asociación Galega de Sumilleres Gallaecia
Delegado para Galicia da AEPEV (Asociación Española de Xornalistas e Escritores do Viño)
Delegado para Galicia da FIJEV (Federación Internacional de Xornalistas e Escritores do Viño)

Pepe Lorenzo. Xornalista. Socio fundador (1990) de Filtrocomunicación S.L.

Licenciado na Universidade Autónoma de Barcelona. Traballou en La Voz de Galicia, El Correo Gallego, La Región de Ourense, Radiocadena Española e El Ideal Gallego. Foi Xefe dos Gabinetes de Prensa do Concello de Ferrol e da Consellería de Agricultura de la Xunta de Galicia.

É Director Estratéxico do Grupofiltro que agrupa tres empresas propias (Filtro Comunicación Sanitaria, É-Posible Comunicación 2.0 e Morabeza Consultores) e outras tantas participadas (Servino Consulting, Manográfica, encadernación e manipulado de soportes gráficos e Idea Gráfica Profesional, deseño, impresión dixital e montaxes en grandes formatos)

.

Espazo web:   

http://www.servino.net/

Enderezo

  • Rúa Europa 3
  • 15007 A Coruña
  • Teléfono: 981.217267
  • Fax: 981.902049
  • Móbil: 606.738242
  • Web: http://www.servino.net/
  • E-mail: info@e-distrito.com

Horario de Atención

De luns a venres

de 10:00 a 15:00

Tardes (só cando hai eventos)


Voltar á páxina anterior

© 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.