e-distrito

MUSEO MAC

Tipo de Establecimento: Biblioteca/ Libros/ Arte/ Viaxes » Artes, galerías, exposicións, artesanía...

Se desexa información sobre este establecemento, asesoramento sobre os seus productos, ou plantexar preguntas sobre os mesmos, escriba ao enderezo de correo electrónico: macuf@gasnaturalfenosa.com

 

 Un dos obxectivos prioritarios do Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa é ser un centro multidisciplinar de cultura contemporánea, cuxo prestixio e calidade sexan un referente no ámbito sociocultural.

  A arte contribúe ao enriquecemento cultural e ao desenvolvemento do pensamento creador das persoas. Por esta razón, dende o noso firme compromiso coa sociedade e no marco da responsabilidade corporativa que exercemos dende a nosa compañía, propuxémonos firmemente dar un impulso á proxección do valioso patrimonio artístico que supón a colección de arte contemporánea do noso museo.

 Gas Natural Fenosa conta cunha colección permanente o Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa da Coruña e cun amplo fondo, como membro da Colección Arte Contemporánea, no Museo Patio Herreriano de Valladolid en réxime de comodato, que pretende transmitir o espírito e os valores da nosa compañía, a partir da creatividade e a expresión artística. O museo busca reflectir a nosa razón de ser como empresa enerxética global, comprometida coa mellora da calidade de vida das persoas e co progreso da sociedade, coa misión principal de subministrar enerxía de xeito eficiente, sostible e segura.

 Por todo iso, o noso museo non é só un espazo concibido para mostrar a obra dos artistas contemporáneos máis significativos. É tamén un lugar de encontro con todos os públicos cos que a nosa empresa se relaciona, entendido como unha realidade que vai máis alá dos obxectivos empresariais, ao enlazar o noso espírito de servizo coa difusión da arte e a cultura. O amplo programa de actividades que organiza o museo, e o alto índice de participación nestas, reafírmanos a continuar o camiño iniciado en 1995.

 As novas tecnoloxías da información achegan o museo e as obras que contén a miles de persoas, e a nosa web quere ser un claro exemplo diso. Pero sen dúbida, para gozar da arte no seu máximo esplendor, animámolo a que visite persoalmente as salas que acollen a colección permanente, así como as exposicións temporais que presentan a creatividade emerxente e o talento dos nosos novos artistas.

  Sexan benvidos ao Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa e gocen da súa arte con toda a enerxía do mundo.

Enderezo

  • Avenida de Arteixo 171
  • 15007 A Coruña
  • Teléfono: 981 911 476
  • Web: http://www.mac.gasnaturalfenosa.com
  • E-mail: macuf@gasnaturalfenosa.com

Horario de Atención

Martes a sábado de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:30 horas.

Domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas.

Luns pechado


Voltar á páxina anterior

© 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.