e-distrito

CENTRO ÁGORA

Tipo de Establecimento: Biblioteca/ Libros/ Arte/ Viaxes » Artes, galerías, exposicións, artesanía...

Se desexa información sobre este establecemento, asesoramento sobre os seus productos, ou plantexar preguntas sobre os mesmos, escriba ao enderezo de correo electrónico: agora@coruna.es

 

 

  Ágora é un equipamento municipal integrado no que toda a cidadanía poderá atopar unha variada programación dirixida a todo tipo de públicos.

   Nas súas amplas instalacións calquera cidadán poderá dende acudir á biblioteca, ver unha exposición, reunirse cos amigos e amigas, participar nun taller ou asistir a unha obra de teatro ou danza. Desa maneira satisfaranse de forma interxeracional as necesidades formativas, lúdicas, sociais e culturais de variados sectores de públicos. Pero entre os obxectivos do Centro Ágora non só está dar resposta ás necesidades actuais senón tamén avanzar solucións ás futuras de forma tal que moitos dos seus programas serán pioneiros e terán un marcado carácter innovador.

  O Centro Ágora ten unha privilexiada localización e contribúe a xerar unha nova centralidade na cidade. Sitúase nunha parcela de San Pedro de Visma, próxima ao Centro de Bacharelato Agra do Orzán e o Complexo Deportivo Agra1, con acceso principal pola prolongación da rúa do Mosteiro de Caaveiro. A súa localización na parte alta da parcela situada próxima a Ronda de Outeiro dá lugar a unha praza pública exterior de máis de 1.000 m2, proporcionando accesos peonís e rodados.

 Programación: http://www.coruna.es/agora

Enderezo

  • Rúa Ágora s/n
  • 15010 A Coruña
  • Teléfono: 981 189 888
  • Web: http://www.coruna.es/centroagora
  • E-mail: agora@coruna.es

Horario de Atención

Centro Ágora
De luns a venres de 08.00 a 21.00 h / Sábados mañá de 09.00 a 14.00 h e tarde de 16.00 a 21.00 h.
Biblioteca
De luns a venres de 09.00 a 21.00 h.
Sábados de 10.00 a 14.00 h e de 17.00 a 21.00 h.


Voltar á páxina anterior

© 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.