e-distrito

Estudio de Danza Danzade

Tipo de Establecimento: Ensino. Clases » Clases de música, baile...

Se desexa información sobre este establecemento, asesoramento sobre os seus productos, ou plantexar preguntas sobre os mesmos, escriba ao enderezo de correo electrónico: pilreygon@yahoo.es

 

  Estudio de Danza Danzade nace en 2010 para ofrecer ensinanzas oficiais tanto en Danza como en Pilates.
  Eiquí podes ver as especialidades que se imparten no noso centro:

  Ballet: clases preparatorias para os exames da RAD (Royal Academy of Dance) de todos os niveis dende Preprimary (4 anos) ata Advanced 2 (último curso).

  Pilates: Danzade como Delegación galega da Federación Española de Pilates ofrece tanto clases como cursos para ser instructor de Pilates. 

  E tamén:

  Danza Jazz: disciplina que mestura a técnica da danza cos pasos e música máis actuais. 

  Hip Hop: Danzas urbanas. Historia e correntes de este estilo. Móvete como o fan nas rúas de New York.

  Latin Jazz: Mestura a técnica con ritmos latinos. O teu estilo de baile se che gosta a música latina e queres aprender a base da danza moderna.

  Ioga: Controla corpo e mente. Con esta disciplina oriental mellorarás a túa capacidade de concentración e relaxación, ademais da postura corporal.

  Bailes de salón. Tanto se tes parella como se non, con esta disciplina aprenderás pasodoble, merengue, cha cha cha, mambo, swing ou tango...

  Sevillanas: Baile folclórico máis coñecido de España, aprende a moverte con galanteo e graza.

  Zumba: De orixe colombiano, enfocado a manter un corpo saudable e a desenvolver, fortalecer e dar flexibilidade mediante movementos de baile combinados con rutinas aeróbicas utilizando a salsa, cumbia, merengue, reggaetón e samba.

  E Danzart. Un pequeno campamento urbano de verán para os máis pequenos que dura todo o mes de xullo e que inclúe obradoiros coreográficos, artísticos, e saídas a museos, piscina e ao Aquapark.

  Web: http://www.danzade.com

Enderezo

  • Rúa Rei Abdullah 6-8
  • 15004 A Coruña
  • Teléfono: 981 27 69 11
  • Web: www.danzade.com
  • E-mail: pilreygon@yahoo.es

Horario de Atención

De luns a venres 

de 10:00 a 22:00 h

Sábados de 10:00 h a 14:00 h


Voltar á páxina anterior

© 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.