e-distrito

Acouga. Asoc Consumidores

Tipo de Establecimento: Legal / Avogados / Asesorías / Seguros. » Avogados. Asesorías. Seguros

Se desexa información sobre este establecemento, asesoramento sobre os seus productos, ou plantexar preguntas sobre os mesmos, escriba ao enderezo de correo electrónico: acouga@acouga.eu

 

  ACOUGA, Asociación Galega de Consumidores e Usuarios, dende febreiro de 2014. 

  Unha entidade que nace para representar os intereses dos consumidores e usuarios galegos. Consciente de que os principais problemas de consumo, dende unha perspectiva político-social, abrollan non só no eido bancario financeiro, senón tamén nos sectores asegurador, enerxético e das telecomunicacións, ámbitos nos que os consumidores e usuarios viven desprotexidos, por se tratar de sectores regulados nos que os operadores empresariais tentan actuar dando as custas á regulación vixente e ignorando os dereitos dos usuarios, a nosa asociación, ACOUGA, terá por obxectivo defender e representar os intereses dos nosos cidadáns.

  ACOUGA nace dende a pluralidade, a transversalidade social e o apartidismo, máis nunca dende un apoliticismo cómplice. Porque só unha cidadanía consciente constitúe unha poboación formada nos seus dereitos como consumidores e usuarios. Porque, para sermos consumidores e usuari@s galegos temos que ser, por riba de todo, cidadáns e cidadás de este país.

  Porén, dende a definición desta opción cívica, tentaremos ofrecer a meirande calidade técnica na nosa provisión de servizos, nas nosas análises e nas nosas propostas as Administracións Públicas e á sociedade civil. Cos compromisos de defender os intereses dos consumidores e usuarios galegos.

  Web: www.acouga.eu/

Enderezo

  • Rúa Fontán 4, 3º D
  • 15004 A Coruña
  • Teléfono: 881 964 020
  • Web: http://www.acouga.eu
  • E-mail: acouga@acouga.eu

Horario de Atención

  Inverno.
  De luns a xoves de 09:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 h
  Venres de 08:00 a 15:00 h 

  Verán. (Do 10 ao 31-07 e do 01 ao 16-09).
  De luns a venres de 08:00 a 15:00 h
  Agosto. De luns a venres de 10:00 a 14:00 h


Voltar á páxina anterior

© 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.