e-distrito

Atlantik English

Tipo de Establecimento: Ensino. Clases » Centros Educativos. Idiomas

Se desexa información sobre este establecemento, asesoramento sobre os seus productos, ou plantexar preguntas sobre os mesmos, escriba ao enderezo de correo electrónico: ben.atlantik@gmail.com

 

  Atlantik English ofrece clases de inglés e español para estranxeiros. As clases poden ser individuais ou en grupo e organízanse en distintos niveis de uso do idioma. Xunto coa matrícula ofrécese unha proba de nivel gratuíta ao alumno. Os grupos de nenos contarán cun máximo de sete alumnos e os grupos de adultos dun máximo de oito.

  O noso persoal docente conta cunha amplísima experiencia na preparación de exames oficiais da Universidade de Cambridge (KET, PET, FCE, CAE, CPE). Ofrecemos clases específicas.

  Contamos cun completo servizo de tradución e interpretación. Entre os nosos clientes atópase a casa do Duque de Westminster para quen realizamos frecuentes traballos de interpretación en Ciudad Real entre 2008-2011.

  Realizamos igualmente Cursos de inmersión lingüística tanto para nenos como para adultos na cidade natal dos socios Ben e Oliver, Chester, preto de Liverpool. Inclúen unha oferta de destino adicional na atractiva cidade de Shrewsbury. 

  Tamén desde o verán de 2011, a academia creou o concepto "Surfin´English". Esta combinación entre a práctica do surf e do inglés está dirixida a todas as idades e é unha iniciativa conxunta de Atlantik e Prado Surf Escola. Nas clases o único idioma é o inglés e impártense coñecementos teóricos e prácticos a cargo de monitores titulados. A actividade tamén se ofrece de maneira intensiva durante o verán no noso formato “Surfin’English Summer Camp”. 

  Web: http://atlantikenglish.com/

Enderezo

  • Pza Pontevedra 10, 1A
  • 15004 A Coruña
  • Teléfono: 675 569 434
  • Web: http://atlantikenglish.com/
  • E-mail: ben.atlantik@gmail.com

Horario de Atención

Horario de información

de 09:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:30 h

(luns a venres)


Voltar á páxina anterior

© 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.