e-distrito

E. 025 - Montealto-Torre de Hércules

Hostelería. Alimentación. Música, salas, material

Cafetarías e restaurantes. . Alimentación. Bebidas. Música. Salas de concertos, material, cursos..

Compras

Electrodomésticos.... Imprenta. Cartuchos. - Venda especializada/ varios. Informática, Son e Imaxe. Tecnoloxía. Comunicacións.. Xoiarías. Reloxos. Bazar. Regalos... Casa. Moda, Textil, Deportes, Mercería.... Perfumaría, Drogaría.... Zapaterías, zapateiros..

Peiteado / Estética / Masaxes / Ximnasios/ Tatuaxes

Ximnasios. Ioga. Beleza. Peiteado. Estética, Relax. Tatuaxes.

Decoración / Iluminación/ Profesionais / Maquinaria

Tinturarías, lavandarías.... Arquitectura, enxeñarías. Maquinaria. Mobles, interiorismo, decoración, luz. Profesionais. Reformas, pintura, cerrallaría... Servizos.

Saúde. Clínicas (ópticas, auditivas, dentais...) Fisio, ortopedia... Maiores

Clínicas (ópticas, auditivas, dentais...).. Farmacia / Herboristaría. Fisioterapia. Ortopedia. Maiores. Outros....

Ensino. Clases

Centros Educativos. Idiomas. Clases de música, baile....

Biblioteca/ Libros/ Arte/ Viaxes

Bibliotecas, Librarías, Papelarías. Vídeo.. Artes, galerías, exposicións, artesanía.... Viaxes.

Legal / Avogados / Asesorías / Seguros.

Avogados. Asesorías. Seguros.

Automóbil. Motos. Bicicletas.

Autoescolas, permisos. Talleres. Aluguer. Parking. Motos - Bicicletas.

Animais, Clínicas Veterinarias, Xardinaría, Floraría, Agro...

Animais, clínicas veterinarias. Florarías e xardinarías. Agro.

DESCRICIÓN

E. 025 - Montealto-Torre de Hércules

    .

    A. Barrio de Montealto.

    B. Torre de Hércules.

          - Historia

          - Lenda

          - Estructura

    .



    A. Barrio de Montealto.


      Montealto é, probablemente, o barrio máis representativo e con máis personalidade da Coruña. Abarca o espazo correspondente á zona norte da cidade na que se atopa igualmente a Torre de Hércules. Denominado Monte Alto ou Montealto, alberga a 21.000 habitantes na súa maioría de clase traballadora (que actualmente integran o sector servizos) ou emigrantes retornados principalmente de Latino América, Suiza e Alemaña.

      A súa orixe remóntase á Idade Media, no tempo dun nucleo urbano moi dicotomizado entre a cidade Vella ou área da poboación máis acomodada, e a Pescadería, asentamento máis humilde. É nese momento cando a península na que se ubica a Torre de Hércules comeza a albergar certa actividade agrícola e con ésta se establecen os primeiros residentes. En consecuencia, As Atochas convertiríase no punto de unión lóxico con Pescadería.

      Pero para comprender a estructura actual de Montealto temos que avanzar ata o século XX. Foi a partires da década dos 50 e 60 cando se produxo o desenvolvemento socioeconómico da zona. O sector agrícola e pesqueiro alí establecido, comezou a vender os seus excedentes, o que coincidindo cun gran incremento da poboación da cidade, desembocou nunha alta porcentaxe de chegadas e paralelamente nunha desmesurada edificabilidade e ordenamento caótico.
      O abandono do barrio e as políticas especulativas, o transformaron nunha mistura desestructurada de casas antigas e novos edificiós de gran tamaño, á que acompañaron carencias nas redes de saneamento e unha acusada escaseza de servizos públicos, socialmente agravada pola aparición do tráfico de drogas. 

      A situación de esquecemento durou ata a década dos 90, cando Montealto foi obxecto dunha política de maior investimento que solventou definitivamente os problemas máis palpables. A erradicación do chabolismo, normalización dos servizos públicos e a construcción de grandes museos como a Casa do Home ou do Aquarium Finisterrae, tanto como a implantación de hoteis importantes ou clubes deportivos, revalorizaron en pouco tempo a calidade de vida e o prezo do solo, o que marcou o comezo do asentamento por parte de persoas con maior poder adquisitivo nesta parte do termo municipal.

    .




    B. A Torre de Hércules


     A Torre de Hércules é unha torre e faro situado na península da cidade da Coruña, que ten o privilexio de ser o único faro de orixe romana en funcionamento no mundo.

     O 27 de xuño de 2009 foi proclamada Patrimonio da Humanidade en Sevilla pola Comisión do Patrimonio Mundial da UNESCO. Deste xeito converteuse no cuarto recoñecemento da UNESCO en Galicia xunto co Camiño de Santiago, a Muralla de Lugo e o Casco Vello de Santiago de Compostela.

       Historia

      A Torre de Hércules foi construída polos romanos como faro de navegación a finais do século I ou comezos do II d.C. durante a época de Traxano. Unha inscrición aos pés da torre indica que foi erguida por Gaio Sevio Lupo, arquitecto de Aeminium (hoxe Coimbra). Paulo Orosio menciónaa no século V d.C. ("Secundus angulus circium intendit ubi Brigantia, Gallaeciae civitas sita, altissimam pharum e inter pauca memorandi operis as speculam Britanniae erigit"). A torre perdeu, posibelmente, o seu uso marítimo durante a Idade Media ao se converter en fortificación e caeu na ruína no medio das desputas entre o Conde de Traba e o Arcebispo Xelmírez pola súa propiedade que lle fan perder, entre outras cousas, o muro exterior. En 1537 reparáronse a porta e a escaleira de acceso e asignáronselle vixías; en 1553 o concello ditou normas contra a utilización das súas pedras para outras edificacións. En 1682 o Duque de Uceda, capitán xeral de Galiza, encargoulle a restauración do que se coñecía como "Castelo Vello" (o que parece indicar que se aproveitou militarmente) ao arquitecto coruñés Amaro Antune, quen construíu unha escaleira de madeira que atravesaba as bóvedas ata a parte superior, onde situou dúas pequenas torres para soportar os fanais. Éstes pagáronos ós cónsules de Inglaterra, Holanda e Flandres a cambio da concesión do cobro dun imposto aos barcos que aportaban á cidade. Os fanais funcionaron deficientemente e en 1769 un raio acabou co último.

      No reinado de Carlos IV realizouse unha reconstrución completa que durou entre xullo de 1788 e decembro de 1790, dirixida por Eustaquio Giannini no estilo neoclásico. A torre era, antes de acometer a reforma, un corpo prismático con base cadrada; no exterior presentaba un muro de pedra con dúas portas na parte baixa e xanelas asimétricas que o percorrían ata o piso superior, e un mordente helicoidal que tamén chegaba ata o alto. No seu interior conservaba a vella estrutura romana, pero con escaleiras de madeira que pertencían á restauración do edificio, harmonizándoa na súa decoración cos marcos superiores de portas e xanelas. Dous anos despois de rematar as obras, Eustaquio Giannini presentou un proxecto para construír un acceso e unha plataforma arredor do faro, que só se remataron a mediados do século XIX.

      Desde entón non se volveu mudar a aparencia da torre e só se modificou a lanterna coa instalación dun fanal xiratorio e o acceso a éste. No interior fixéronse falsos teitos e cubríronse as paredes de papel. En 1993 elimináronse todos os engadidos interiores.

       Lenda

      Hai varias lendas relacionadas coa súa construción. Unha delas, narrada na Crónica Xeral de Afonso X, conta que Hércules chegou en barca ás costas que rodean actualmente a Torre, e que foi precisamente no lugar onde hoxe se sitúa ésta que enterrou a cabeza do xigante Xerión, despois de vencelo en combate e liberar ás xentes do lugar da súa tiranía. Sobre o lugar no que enterrou a cabeza ergueu unha torre e mandou logo poboar unha cidade. Crunna foi a primeira muller en se presentar e dela tomara nome a vila. No escudo da cidade aparece a torre e, por baixo dela, a caveira de Xerión.

      A outra lenda foi tomada do Libro das invasións de Irlanda durante o Rexurdimento: nel cóntase que o rei Breogán ergueu unha torre desde a que o seu fillo Ith albiscou Irlanda; morreu no intento de conquistar a illa pero o seu irmán, Mil, si tivo éxito.

       Estructura

      A planta é cadrada (10 m de lado), cunha altura total de 68 metros. Ten tres corpos, o primeiro un paralelepípedo recto de base cadrada de 11,60 metros de lado e 34,60 metros de altura. Sobre este asenta outro intermedio máis pequeno de sección octogonal, cun terceiro corpo, paralelepípedo tamén octogonal, que soporta sobre este unha construción cilíndrica en vidro que protexe a lanterna do farol. Sóbese ao alto por medio de 242 chanzos e desde arriba tense unha panorámica aberta para o océano Atlántico, praias urbanas da Coruña e a ría.

      A estrutura orixinal era de planta cadrada cunha cúpula, na que se mantiña o lume, na parte superior e que posibelmente tiña un óculo para permitir a saída do fume. Á parte superior accedíase mediante unha rampla protexida cun segundo muro externo e que se apoiaba nos dous muros. Cada un dos andares estaba dividido por dúas paredes que se cortaban en forma de cruz en catro cuartos. As salas de cada piso comunicábanse entre si dúas a dúas por medio dunha porta e podíase acceder á rampla desde cada unha delas. Nos vans utilizouse aparello de perpiaños grandes (opus cuadratum), nas paredes cachotería en fileiras horizontais (opus vittatum) e para encher o interior do muro seixos e morteiro de cal e area (opus caementicium). A parte superior da torre foi modificada no século XVIII polo enxeñeiro Giannini, quen modernizou a cúpula mantendo a súa estrutura. Os muros teñen unha anchura de entre 1,50 e 1,60 m.

      A torre e o seu contorno foron escavados entre 1992 e 1994 e a entrada actual das visitas faise polos alicerces romanos.

      A mención máis antiga da torre é de Paulo Orosio (comezos do século V), que a califica como "altísimo faro". Unha das representacións máis antigas coñecidas é a do Mapamundi do Beato de Burgo de Osma, do ano 1086.

    http://gl.wikipedia.org/wiki/Torre_de_Hércules

     Máis información: http://www.torredeherculesacoruna.com

    FOTOS

    LECER/CULTURA

    Comercios

    » ACUARIO FINISTERRAE

    » MUSEO DOMUS

    » TOP Restaurante El de Alberto

    » TOP Restaurante O Bebedeiro

    » O fado Restaurante

    » Pulpeira O Fiuza

    » Telekebap

    » Mercería Lencería La Ilusión

    » APP Informática (R del Cueto)

    » Pc-Bis más que Informática

    » Xis Fotografía

    » Dyppo. Droguería Perfumería

    » Serigrafía Rachid

    » Ánxela. Peluquería y Estética.

    » Serigrafía Rachid

    » Arkhé Espacio Educativo

    » Arkhé Espacio Educativo

    » Escola Infantil As Mariñas

    » Escola Infantil de Monte Alto

    » Biblioteca de Montealto

    » Pedro Bueno. Taller Pintura

    » Libraría Sisargas

    » Talleres Lorga

    » Automóviles Lorga

    » Clínica Veterinaria Lúa

    Roteiro

        

       * Roteiro de especial interese.                                                              [ Ver mapas na parte inferior]

     .

     .

     O traxecto comeza na praia do "Matadero", fronte ao hotel Meliá María Pita, dende onde se obtén unha fantástica vista das praias do Orzán e Riazor. Percorremos o paseo marítimo en dirección norte.



    .

       A só 400 metros, atopamos a Domus ou "Casa do Home",o primeiro museo interactivo do mundo adicado ao ser humano. O seu lema é "Coñécete a ti mesmo", frase que figuraba no Templo de Apolo en Delfos. O edificio, obra do arquitecto xaponés Arata Isozaki, resalta con muros, paredes e escalinata de granito, e a fachada conta cun revestimento de 6.600 pezas de lousa que se sosteñen con case 160.000 parafusos axustados manualmente. Para o encaixe da construción na canteira onde se sitúa, houberon de ser escavadas máis de 30.000 toneladas de pedra.

     O museo, con 1.500 metros cadrados dedicados a salas de exposicións, posúe máis de 200 módulos interactivos para divertirse e reflexionar sobre as características da especie humana, afondando no campo da xenética e a evolución a través de exposicións e experimentos.

     [Rúa Santa Teresa 1, 15.002 A Coruña. Tel 981 189840]

     Máis info: premer aquí

    .

    .

     Posteriormente, a 600 metros, achamos o Aquarium Finisterrae, centro de divulgación científica sobre aspectos vencellados coa bioloxía mariña, a oceanografía e o mar en xeral.

      Pretende promover o coñecemento científico do océano e da vida mariña, e educar actitudes positivas cara a este. Contén entre outras, un piscinarium con focas atlánticas, un hábitat de polbos, unha sala Maremagnum con máis de 600 especies atlánticas, e a sala Nautilius, unha recreación do gabinete do Capitán Nemo.

      [Paseo Alcalde Francisco Vázquez, 34. 15002 A Coruña. tel 981 189842] [ Ver mapas na parte inferior]

      Info: http://gl.wikipedia.org/wiki/Aquarium_Finisterrae

    .

    .

     Dende o aquario xa albiscamos a Torre de Hércules e a praia das lapas, de posición privilexiada
    tanto polo seu ámbito coma por estar a cuberto da acción do vento, omnipresente na cidade.

     Separámonos do paseo marítimo á altura da Torre, ata atopar, custodiándoa á fronte, a estatua de Breogán.

     Galiza (Galicia) descríbese poeticamente no Himno galego como o fogar de Breogán. Segundo a lenda
    irlandesa incorporada no século XI á compilación "Leabhar Ghabhála Érenn" ("Libro das Invasións de
    Irlanda"), o rei Breogán, fundador da nación célta galega, construíu na cidade de Brigantia (identificada
    coa actual A Coruña) unha enorme torre dunha altura tan magnífica que os seus fillos podían ver unha terra verde
    moi distante dende o seu cumio. Querendo alcanzala, navegaron ata ela, encontrando alí a morte Ith. En
    vinganza, os fillos de Mil, neto de Breogán, partiron dende Brigantia, chegaron a Irlanda e conquistárona,
    sendo así os actuais irlandeses descendentes dos galegos.

      Curiosamente, un estudo sobre ADN de Bryan Sykes -profesor de xenética da Universidade de Oxford-, mostrou
    a vinculación xenética de irlandeses e ingleses coa poboación galega, do mesmo modo que Spencer Wells -do Proxecto Genográfico de National Geographic- chegaba a conclusións semellantes na súa obra "Os nosos antepasados". 

     Info: Breogán

    .

    .

     A altura total da Torre de Hércules é de 68 m e data de finais do século I ou principios do século II. Ten o privilexio de ser o único faro romano e o máis antigo en funcionamento do mundo. O 27 de xuño de 2009 foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Dende o seu miradoiro pódense ver dende os municipios lindantes ata as rías de Ferrol, Betanzos e Ares.

    -Datos técnicos:

      Altura total: 68 metros (dos que 21 corresponden á restauración de 1789) / Altura sobre o nivel do mar: 106 metros / Chanzos: 234 / Alcance: 24 millas /
    Fulgores: grupo de 4 cada 20 segundos.


    http://www.torredeherculesacoruna.com

     A mitoloxía fala de «un xigante chamado Xerión, rei de Brigantium, que obrigaba aos seus súbditos a entregarlle a metade dos seus bens, incluíndo os seus fillos. Un día os súbditos decidiron pedir axuda a Hércules, que retou a Xerión nunha gran pelexa. Hércules derrotou a Xerión, enterrouno e levantou un túmulo que coroou cun gran facho. Preto deste túmulo fundou unha cidade e, como a primeira persoa que chegou foi unha muller chamada
    Cruña, Hércules puxo á cidade este nome». Existen variacións que situarían a Xerión en Exipto.

     Mais a Torre de Hércules foi construída polos romanos como faro de navegación entre finais do século I e inicios do século II d. C., perdendo o seu uso marítimo durante a Idade Media. A súa mención máis antiga encóntrase no Historiæ adversvm Pagáns de Paulo Orosio, escrito cara ao 415-417 d. C., que di: «Secvndvs angvlvs circivm intendit, ubi Brigantia Gallæciæ civitas sita altissimvm farvm et inter pavca memorandi operis ad specvlam Britanniæ erigit».

      Para máis información sobre a Torre, consultar seccións: "Descrición" e "Vídeos".

    .

    .

     Ao leste, nunha lingua descendente cara ao mar, eríxese a Bucina, escultura creada por Moncho Amigo e realizada en "aceiro corten" (a propia oxidación protexe á peza da corrosión), que recrea a cuncha dun molusco cun triplo significado: a exaltación dos sons mariños, o simbolismo da abundancia, e a valoración do lúdico fronte ao intelectual.

     .

     Pouco máis alá, o campo dos Menhires - "Menhires pola Paz" ou "Familia de Menhires" - consiste nun grupo
    escultórico de doce menhires que representan a unha familia. Forman un círculo exterior de oito puntos con catro menhires interiores de maior tamaño. Cada menhir posúe unha pequena ventá central ideada co fin de compoñer diversas imaxes segundo o ángulo de visión. Deseñado por Manolo Paz, trátase dunha homenaxe á herdanza celta de Galicia.

     Ao seu carón, levántanse a "Homenaxe aos fusilados" e "A casa das palabras" (antigo cemiterio mouro).

    .

    .

     O lugar foi utilizado polos sublevados como campo de fusilamento de centenares de persoas apresadas, republicanos, sindicalistas e esquerdistas, xeralmente "sacados" do cárcere da Coruña e "paseados".

      A maior parte dos asasinados fórono durante o verán "quente" de 1936, pero ata datas tan tardías como marzo de 1937, xa como froito de xuízos levados a cabo polas autoridades franquistas, se seguiron producindo fusilamentos dos condenados a morte pola súa lealdade ao goberno republicano.

      En 2001 inaugurouse no lugar un monumento, similar aos grandes megálitos prehistóricos, en homenaxe ás vítimas da represión franquista, deseñado por Isaac Díaz Pardo. O monumento composto por bloques de granito, nos que hai manchas de pintura vermella simbolizando o sangue dos fusilados, ten unha inscrición que di:

    "Inmolados nestes campos fronte ao mar tenebroso por amar causas xustas. "
    "Presentes na lembranza do povo e do seu concello dá Coruña. "

      Tamén figuran dous poemas, de Federico García Lorca e Uxío Carré Alvarellos.

      Máis info:    Campo_da_Rata

    .

    .

     Pola súa banda, o vello cemiterio mouro foi construído na Guerra Civil para dar sepultura aos soldados musulmáns que, procedentes do Protectorado de Marrocos, combateron do lado do Exército de Franco.

      Con posterioridade, os mortos foron trasladados ao cemiterio de San Amaro. Rehabilitado como a Casa das Palabras, as paredes interiores teñen agora gravados realizados por Xoán Viqueira nos que foron inseridos textos sobre a orixe da cidade escritos en grego, latín, árabe, gaélico e castelán antigo, todos eles traducidos ao galego e castelán.

      Ademais, escribíronse unhas 250 palabras do galego e castelán que teñen a súa orixe na lingua árabe.

    .

       Roteiro no mapa:

    .


    .   


      Regresando ao paseo marítimo e continuando por él despois de pasar a praia, atopamos o Cemiterio de San Amaro, cuxo acceso se produce polo lado contrario ao propio paseo (rúa Orillamar).

       

      Foi inaugurado no ano 1813 despois da prohibición por lei, no ano anterior, dos enterros nas igrexas e a súa contorna. Este camposanto histórico, situado fronte ao mar, está considerado un dos máis importantes de Galicia, tanto polo número, máis de douscentos, como pola notoriedade dos personaxes que acubilla. Está dividido en tres zonas ben diferenciadas: a relixiosa, a civil e a británica -esta última é privada e está pechada ao público-.

      Cómpre destacar dous monumentos colectivos que son o Monumento aos Mártires da Liberdade e a Columna dividida en lembranza da folga xeral de 1901.

      O Monumento aos Mártires da Liberdade érguese no lugar onde descansaron antano os aviadores alemáns da II Guerra Mundial, trasladados ao cemiterio de Yuste - Cáceres. Actualmente descansan baixo este monumento os restos de soldados magrebís, indebidamente sinalados como cidadáns árabes, ao servizo dos sublevados de 1936.

      A Columna dividida en lembranza da folga xeral de 1901, segundo reza a sepultura, o monumento foi erixido por subscrición popular e por iniciativa das sociedades obreiras, ás vítimas dos sucesos do 30 e 31 de maio de 1901, a raíz da que está considerada como a primeira gran folga xeral da historia do movemento obreiro galego, cun paro absoluto en todos os sectores.
     
     Máis información en www.coruna.es

       

     Tumba de Manuel Murguía:
      

       




    © 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
    Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
    E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.