e-distrito


Feijóo anuncia que xa se atopa disponible a plataforma dixital E-saúde.

Feijóo anuncia que xa se atopa disponible a plataforma dixital E-saúde.

  Trátase dunha ferramenta tecnolóxica que busca personalizar os servizos de cada paciente e á que se pode acceder dende calquera dispositivo.

  16 setembro 2016 

  O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou onte, trala rolda de prensa do Consello, que xa está a disposición dos cidadáns a plataforma É-Saúde, unha ferramenta tecnolóxica que busca personalizar os servizos de cada paciente, aos que poida acceder desde calquera dispositivo. Como explicou o xefe do Executivo galego, a través dela, cada usuario do Sergas xa pode identificarse e acceder a servizos e contidos personalizados. Tamén poden acceder cidadáns sans que teñan interese na promoción da súa saúde e na prevención de enfermidades.

  Polo tanto, calquera cidadán galego, previamente identificado, cun máximo nivel de seguridade, poderá acceder á súa historia clínica, revisar a folla de tratamentos, imprimir os seus informes de alta, probas radiolóxicas ou de analíticas, a súa axenda de citas, etc.

  Ademais, de forma máis aberta, sen necesidade de identificación previa, os usuarios que o desexen poderán entrar na Plataforma e atopar páxinas web relacionadas cun determinado problema de saúde; fichas informativas; asociacións de pacientes; foros e chats de comunidades; toda a oferta formativa da Escola Galega de Saúde para Cidadáns, vídeos sobre campañas sanitarias, etc. “Todo o referido á promoción e á prevención da saúde”, sentenciou.

  Segundo Feijóo, este proxecto englóbase dentro das iniciativas europeas Hospital 2050 e Innova Saúde e está relacionado co Fogar Dixital. Non en van, a telemedicina, as aplicacións móbiles de saúde, así como a historia clínica online “están facendo que a sanidade pública sexa máis eficiente”, subliñou o presidente da Xunta.

  Xunta de Galicia.

Ver todas as noticias

© 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.