e-distrito


Estatística. Prioridade para as noticias favorables ao PP en La Voz de Galicia.

Estatística. Prioridade para as noticias favorables ao PP en La Voz de Galicia.

  Unha análise das portadas do xornal revela igualmente que a case totalidade de noticias sobre a oposición destacan aspectos negativos.

  22 setembro 2016

  A estatística recopilada por E-distrito centrouse na análise das portadas na edición da Coruña de este xornal entre os días 15 de agosto e o 8 de setembro dentro do eido informativo galego, dexando á marxe as relativas á política estatal. Neste periodo das tres semanas previas á campaña electoral monitarizáronse todos os titulares que apareceron en portada e que tiñan relación cos partidos políticos e novas sobre sociedade e economía co fin de detectar tanto a presencia de tales noticias como o seu tratamento. Así, por unha banda, foron cuantificadas as noticias sobre cada partido político, e pola outra a caracterización respecto ás circunstancias positivas e negativas ou de redacción neutra sobre as mesmas. 

  Os resultados marcan un carácter informativo extremadamente desigual.

  Eido galego.

  As noticias que teñen que ver directa ou indirectamente coa xestión ao fronte da Xunta do Partido Popular suman un total de 32 presencias en portada. Nestas, 18 teñen un claro componente positivo mentres que 12 poderían ser calificadas como unha redacción neutra de datos ou feitos. Tan só hai dúas nas que a acción do goberno galego se deixaría ver cun referente negativo. É dicir, máis do 50% das noticias sobre áreas vencelladas á acción do goberno da Xunta son positivas; pola contra, un 4% de esas noticias son negativas. As palabras máis repetidas foron "Galicia lidera" e "Galicia a la cabeza de".
  Sobre os partidos da oposición (Marea e PSdG) a presencia redúcese a 11 mencións, suliñándose no 100% dos casos aspectos negativos relacionados con eles. As palabras máis usadas en esos titulares son "crisis" e "división". Nin BNG nin Ciudadanos ocupan ningún espazo de portada, aínda que éste último partido sí estivo presente en noticias de relevancia estatal non computadas neste reconto.

  Eido coruñés.

  Con especial atención á sección sobre o goberno coruñés que aparece na parte inferior dereita das portadas atopámonos coa situación inversa á que se dá en Galicia ao contar a cidade cun goberno da Marea Atlántica. Neste caso as noticias negativas duplican ás positivas. De feito, máis do 52% das noticias sobre a cidade da Coruña son negativas, algo máis do 21% poderían considerarse como unha descripción neutra de datos ou feitos, e unha cantidade lixeiramente superior ao 26% positivas. Agora ben, de ese 26% de noticias positivas que La Voz de Galicia conta sobre A Coruña case a metade competen á acción de goberno da Xunta na cidade; pola contra no devandito 52% negativo, a totalidade incumbe a acción de goberno da Marea. 

  - Estatística realizada sobre as portadas da edición impresa de La Voz de Galicia na súa edición A Coruña entre o 15 de agosto e o 8 de setembro nos termos indicados. 

  Foto: HombreDHojalata para Wikipedia con recorte e cambio de tamaño

Ver todas as noticias

© 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.