e-distrito


A ONU advirte que o abuso de antibióticos pode convertirse nun problema de saúde pública.

A ONU advirte que o abuso de antibióticos pode convertirse nun problema de saúde pública.

  O avance das bacterias resistentes a fármacos está a facer inútiles moitos tratamentos contra infeccións.

  23 setembro 2016 

  O abuso dos medicamentos está detrás deste "problema de saúde pública" sobre o que a ONU decidiu lanzar unha resolución. 

  O mundo aceptou, ao fin, que ten un serio problema: as bacterias vólvense cada vez máis resistentes aos antibióticos o que fai inútiles moitos tratamentos. O prezo? Unhas 700.000 mortes ao ano. O uso indiscriminado de medicamentos está detrás da creación de cepas de patógenos resistentes. A ONU planeou para o seu actual período de sesións en New York unha declaración para afrontar esta ameaza ao medicamento.

  O voceiro da Sociedade Española de Enfermidades Infecciosas e xefe deste servizo no Hospital do Mar de Barcelona, Juan Pablo Horcajada, asegura que a proliferación de bacterias resistentes está a minguar o arsenal co que contan os profesionais para combater infeccións. A resistencia microbiana multiplica por moito as mortes anuais por sarampión, tétanos, ou o cólera. O cálculo é que a mediados do século XXI se chegue aos 10 millóns de vítimas, por encima  do cancro, que causa de 8,2 millóns de mortes.

  Derivación libre de Eldiario.es

Ver todas as noticias

© 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.