e-distrito


Máis da metade dos fogares galegos chegan con dificultade a fin de mes según datos do Instituto Galego de Estatística.

Máis da metade dos fogares galegos chegan con dificultade a fin de mes según datos do Instituto Galego de Estatística.

  Aumentan aqueles que din chegar cion moita dificultade, o 12%.

  06 outubro 2016

  O 56,5% dos fogares galegos chegan con dificultade ou con moita dificultade a final de mes no terceiro trimestre de 2016, unha porcentaxe que apenas varía a respecto de semestres anteriores. Mais hai unha diferencia fundamental: dentro dese grupo, aumentan aqueles foagres que afirman que chegan con moita dificultade. Xa son o 12,2%, máis de un de cada dez fogares no noso país. Pola contra, aqueles que din que acaban o mes con facilidade ou moita facilidade son o 43,4%, unha cifra máis baixa que a rexistrada ens emestres anteriores.

  Baixan, logo, os fogares que din que chegan a final de mes sen agobios e aumentan aqueles que recoñecen ter moitas dificultades para facelo. Son dados do Instituto Galego de Estatística (IGE). De feito, e no estudo publicado polo IGE, sinálase que o 22,68% dos fogares galegos non se permitiu ningún extra nos tres últimos meses. Considéranse como extra facer fronte a imprevistos ou grandes compras, extras de alimentación, roupa ou calzado, contratar novos servizos para o fogar, saír a cear, ir ao cine, etc. Tamén se inclúe nesta categoría poder aforrar e traballar menos horas ou que algún membro do fogar se permitira deixar de traballar. Ou os gastos destinados a vacacións ou viaxes.

  O 12% dos fogares galegos cambiou os seus hábitos de compra mercando marcas brancas e produtos en oferta. Esta foi a medida económica máis habitual empregada polos fogares para reducir os gastos. Ademais, o 11,44% dos fogares galegos diminuíu outros gastos comúns, como roupa, calzado e transporte, etc (non se inclúen nesta categoría os gastos en alimentación). 

  Derivación de Sermos Galiza.

Ver todas as noticias

© 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.