e-distrito


A pobreza severa aumenta e xa afecta a 3.500.000 persoas.

A pobreza severa aumenta e xa afecta a 3.500.000 persoas.

  Nunca deixou de subir dende 2.009. España é o país con maior desigualdade de Europa despois de Romanía e Serbia. 

  14 outubro 2016 

  A pobreza severa en España, que engloba ás persoas que teñen uns ingresos anuais inferiores a 4.000 euros ou 334 euros mensuais, xa afecta a máis de 3.500.000 de persoas, o 7,6% da poboación, un 0,7% máis que en 2014, segundo o VI Informe "O Estado da Pobreza. Seguimento do indicador de pobreza e exclusión social en España 2009-2015" presentado onte no Espazo Pozas de Cruz Vermella Madrid. “Lo terrible del dato es que nunca ha dejado de crecer desde el año 2009″, explica o presidente da Rede Europa da Loita contra a Pobreza e Exclusión Social (EAPN), Carlos Susías, durante a presentación do informe. 

  O informe, realizado pola EAPN, utiliza o indicador europeo AROPE, que mide o risco de pobreza e de exclusión, para valorar o nivel de pobreza e desigualdade dos países europeos. Para iso, o AROPE ten en conta tres factores: a pobreza relativa, a privación material e a intensidade de traballo ou desemprego. 

  Así, segundo o informe, España aglutina o 11% dos europeos en risco de pobreza e exclusión e a súa AROPE é do 28,6%, un total de 13.334.573 persoas, un 0,6% menos que en 2014. A pesar do descenso, o informe sinala que, entre os anos 2011 e 2015, o Arope mostra un incremento de 1.062.084 novas persoas en risco de pobreza e exclusión social en España. Entre grupos de idade existen diferenzas notables. Para os maiores de 65 anos, o Arope, é o máis baixo, cun 13,7%, un 1,2% menos que en 2014, e a taxa de adultos entre 30 e 64 anos descendeu case dous puntos, ata o 28,5%. Pola súa banda, o grupo que máis aumenta a taxa AROPE é o das persoas adultas novas (16-29 anos) que sobe do 36,4% en 2014 ao 38,2% en 2015. A taxa na infancia (menores de 16 anos), descendeu do 35,4% en 2014 ao 33,4%. Aínda así, tres de cada 10 nenos en España están en situación de pobreza, di Susías. Por último, existe un 2,2% da poboación, é dicir, 1.025.736 persoas en España que sofren os tres factores que integran o Arope: desemprego, pobreza e privación material.  “Estas personas se encuentran en la peor situación económica y social posible”, engade. 

  

  A mellora xeral da economía non diminúe a pobreza. 

  A pesar do descenso en varios datos, o mero crecemento económico, o aumento do PIB, non fai que se erradique a pobreza, como demostra o dato da pobreza severa en España. “Para erradicar la pobreza hacen falta, no sólo políticas sociales, sino también económicas, fiscales y laborales”, expresa Susías. 

  O informe analiza pormenorizadamente os tres indicadores do Arope. En canto á pobreza relativa, Susías sinala que a evolución dos últimos anos mostra "claramente" que nas épocas de crises, a pobreza aumenta sistemáticamente. Con todo, nas épocas de bonanza, a pobreza queda estable, non mellora, sinala. Por iso, desde EAPN temen que co repunte económico actual e a pesar de que a pobreza relativa descendera un 0,1%, esta mellora non se vexa reflectida nas condicións de vida dos máis desfavorables. 

  Medra o número de traballadores pobres.

  Ademais, o informe sinala que a taxa de traballadores pobres, que non superan o limiar de pobreza, a pesar de ter un traballo, pasou de 11,7% en 2013 ata o 14,8% en 2015. Un dato vinculado directamente á baixada de salarios e ao tipo de emprego que se está creando. En canto á taxa de privación material severa ascendeu do 4,5% en 2009 ao 6,4% en 2015, afectando a 2.993.365 persoas. Así, o 41,6% afirma non poder irse de vacacións unha semana fose do fogar ao ano, o 39,8% non pode afrontar un imprevisto de 650 euros e o 11% ten atrasos nos pagos relacionados coa vivenda. 

  España, á cabeza en desigualdade. 

  Por último, o informe revela que España é o terceiro país con maior desigualdade da UE, despois de Romanía e Serbia. A desigualdade en España entre o 20% con máis ingresos da poboación e o 20% con menos ingresos é de 7 veces, mentres que, na UE, é de 5,2 veces. Así mesmo, entre as comunidades autónomas máis pobres e as menos pobres, hai unha diferenza porcentual de 30 puntos. Concretamente, as taxas Arope máis altas están en Andalucía (43,2%) e Ceuta (41,7%), e as máis baixas corresponden a Navarra (13%) e o País Vasco (17,6%).

  Derivación libre de "Post Digital"

Ver todas as noticias

© 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.