e-distrito


Xallas descólgase da iniciativa para o grupo lácteo galego.

Xallas descólgase da iniciativa para o grupo lácteo galego.

  Os socios das outras tres cooperativas (Feiraco, Melisanto e Os Irmandiños) deron un abrumador apoio ao proxecto.

  02 novembro 2016

  Os socios de Xallas dixeron finalmente non á proposta de sumar forzas con outras tres cooperativas (Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto) para sentar as bases dun proxecto que tiña como un dos horizontes o grupo lácteo galego. O rexeite ao proxecto en xallas non dá marxe de dúbida: un 85% en contra, segundo Europa Press.

  Un resultado que contrasta co rexistrado nas outras tres cooperativas, cuxos socios apoiaron moi ampliamente a iniciativa. O proxecto, pois, continúa adiante con Feiraco, Os Irmadiños e Melisanto (97,6%, 97% e 96% de apoios). A comezos deste mes, a aposta fora validada polos consellos directivos das cooperativas, mais a decisión estaba pendente de ser confirmada polas asembleas de socios.

  A nova sociedade contemplará desde a recollida, envasado e distribución de leite e outros derivados ata a fabricación de pensos e a prestación de servizos de asistencia á reprodución do gando e alimentación, veterinarios e xestión económica e administrativa. 

  Derivación de Sermos Galiza.

Ver todas as noticias

© 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.