e-distrito


A contaminación do tráfico reduce beneficios do exercizo físico.

A contaminación do tráfico reduce beneficios do exercizo físico.

  Facer deporte é bo para a saúde pero menos se hai moita contaminación atmosférica según ISGlobal.

  04 novembro 2016

  Un novo estudo realizado por investigadores de ISGlobal, e publicado na revista Environment International, analizou que efectos ten para a saúde a práctica de exercicio físico na cidade, baixo a exposición á contaminación atmosférica provocada polo tráfico de coches. A investigación conclúe que a exposición a altos niveis antes e durante a actividade podería reducir os beneficios desta para a saúde. O traballo, que forma parte do proxecto europeo EXPOsOMICS, foi realizado en Barcelona con 30 persoas sas, ás que se realizou un seguimento individual durante catro días en diferentes escenarios de exposición á contaminación atmosférica. 

  Os resultados mostran que os participantes experimentaron un aumento significativo da función das vías respiratorias a curto prazo, que se prolongou durante varias horas despois de realizar actividade física, mesmo en ambientes contaminados. Con todo, a exposición a niveis elevados de contaminación atenuou os beneficios respiratorios derivados do exercicio. En concreto, as persoas experimentaron unha diminución a curto prazo na función das vías respiratorias altas e baixas, independentemente do nivel de actividade física que practicaran. A investigación suxire que a actividade física reduce os efectos negativos que algunhas partículas en suspensión (PM2,5, PM10 e PMcoarse) teñen nas vías respiratorias. Ademais, o nivel de exposición previo tamén influíu na función pulmonar dos participantes. 

  Necesarios máis estudos

  Mark Nieuwenhuijsen, coordinador do traballo e director da iniciativa de Planificación Urbana, Medio Ambiente e Saúde de ISGlobal, explica que "análises previas xa mostraran que as persoas que realizan deporte na cidade estaban máis expostas á contaminación atmosférica, pero había a dúbida de se a practica en ambientes con alta contaminación era beneficioso ou prexudicial para a función pulmonar". O estudo realizado mostra que a exposición a varios contaminantes ambientais "si ten un impacto nas vías respiratorias, pero é necesario realizar máis estudos para confirmar esta asociación". 

  Outra investigación, coordinada por ISGlobal e publicado en 2015, xa mostraba que os beneficios da actividade física sobre a nosa saúde son superiores aos prexuízos causados pola contaminación atmosférica.

  Derivación libre de Agencia Sinc.

Ver todas as noticias

© 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.