e-distrito


O estado español inviste un 15% menos que a media da eurozona en proteción social e sanidade.

O estado español inviste un 15% menos que a media da eurozona en proteción social e sanidade.

  O recorte do gasto público nestes tres anos triplica o feito en Europa.

  08 Novembro 2016

  O Estado español mantén a tesoira sobre o gasto público de plena vixencia. Os recortes non se cinxiron só aos primeiros anos da gran recesión, 2008-2012, senón que tamén se fixeron nesta última etapa, coincidindo curiosamente coa mensaxe do goberno de que o peor ficaba atrás e se estaba nos primeiros pasos da recuperación.

  Entre 2012 e 2015, e segundo datos de Eurostat -Oficina estatística europea- o gasto público pasou no Estado español de ser o 48,1% do PIB ao 43,8%, un recorte de 4,3 puntos. Neses anos o gasto social reduciuse perto dun 10%, case o triplo do que aconteceu na eurozona, onde pasou do 49,7% do PIB en 2012 ao 48,5% do 2015. Un descenso de 1,2 puntos. Se a comparanza a facemos coa Unión Europea dos 28, ese recorte foi do 1,8%, menos da metade do aplicado no Estado español. 

  Do gasto público español un 6,1% destínase a sanidade, unha cifra por baixo das medidas tanto da UE (7,2%) como da Eurozona (7,3%). É un 16% menos de investimento neste eido. Tamén destina menos o Estado español a educación (4,1% fronte ao 4,9% da UE) ou a protección social (17,6% fronte ao 20,4%).

  Non son mellores os dados no que atinxe a ingresos fiscais. Embora a avalancha política e mediática que sostén que no Estado español se cobran moitos impostos, a presión fiscal continúa moi afastada da que se aplica na contorna europea: un 38,6% fronte ao 44,9% da Unión Europea ou o 46,5% da Eurozona.

  Malia esta realidade o goberno español prevé, e así o manifesta no proxecto de orzamentos para 2017 remitidos a Bruxelas, reducir os ingresos fiscais nese exercicio ao 37,7%, o que vén ser nove puntos menos que a media europea.

  Derivación de Sermos Galiza.

Ver todas as noticias

© 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.