e-distrito


Sabes canto gaña Facebook cos teus datos persoais?

Sabes canto gaña Facebook cos teus datos persoais?

  Os seus ingresos chegaron a superar o valor do Produto Interno Bruto (PIB) de máis de 40 países.

  11 Novembro 2016

  Os ingresos da popular rede social superaron os sete mil millóns de dólares durante o seu último trimestre (xullo, agosto e setembro). A compañía de Mark Zuckerberg, Facebook, é a rede social máis grande do mundo e os seus ingresos chegaron a superar o valor do Produto Interno Bruto (PIB) de máis de 40 países. Os usuarios son a razón destas multimillonarias ganancias, o valor económico que ten a túa información persoal é a clave do seu éxito.

  Ao rexistrarnos na conta para formar parte da rede social aceptamos un contrato que lle permite á compañía usar a nosa información persoal. Idade, sexo, nivel de estudos, traballo e mesmo pasatempos. Ata cando posteamos no noso muro permitímoslle á rede social coñecer os nosos costumes, gustos como consumidores e é iso xustamente o que a compañía de Mark Zuckerberg lle ofréce aos anunciantes. Facebook realiza unha hipersegmentación que organiza de forma detallada os seus potenciais clientes a quen dirixirá anuncios publicitarios moi personalizados en función das súas características persoais. 

  Os últimos datos de Facebook sitúan en case 1.800 millóns o seu número de usuarios activos, Zuckerberg logrou un beneficio neto de 5.944 millóns de dólares nos nove primeiros meses de 2016, o que implica unha subida do 179 por cento respecto ao mesmo período do ano pasado, en gran medida precisamente polos ingresos procedentes da publicidade. Iso quere dicir que preto de 7.000 millóns de dólares gañados no último trimestre, un 6.800 millóns corresponderon só a venda de anuncios, un 59 por cento máis que no mesmo tramo de 2015. Estímase que o 90 por cento dos usuarios de Facebook revisan a plataforma nos seus celulares, razón polo que un o 84 por cento dos anuncios están deseñados para ser vistos en teléfonos intelixentes. 

  Ademais tanto Facebook como outras empresas inclúen políticas de descarga de aplicacións nos que se pide permiso para a xeolocalización polo que o control das empresas lles permitiría análises de gran cantidade de datos que inclúen os gustos, preferencias, inquedanzas, costumes, e seguimentos da posición xeográfica dos usuarios; uns resultados demasiado apetitosos e que polo momento as corporacións din utilizar "únicamente" con fins publicitarios. 

  Derivación libre de TeleSur.

Ver todas as noticias

© 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.