e-distrito


As graxas poden ter a chave contra as metástases.

As graxas poden ter a chave contra as metástases.

  Un estudio detecta que as células implicadas en metástases dependen de graxas como aceites de palma ou coco, presentes en comidas procesadas.

  09 decembro 2016

  O cancro é un inimigo a distancia. Nace e crece nun lugar concreto, pero ata o 90% das mortes que provoca dependen das viaxes que as súas células emprenden por outros recunchos do organismo: as metástases. Pero as claves desas metástases seguen xogando ao agocho nos laboratorios. Aínda que había sospeitas, nin sequera se coñecían que células concretas do tumor iniciábanas. E, o máis importante, non existe ningún tratamento específico nin eficaz contra elas. Agora, unha investigación liderada polo grupo de Salvador Aznar, investigador ICREA no Instituto de Investigación Biomédica (IRB Barcelona), apunta a unha pequena gran revolución. O estudo que publica o seu equipo na revista Nature deu tres saltos: identifica as células de orixe da metástase en varios tipos de tumores; revela que se diferencian do resto porque dependen das graxas entre elas, do ácido palmítico de moitas comidas procesadas; e dá cun marcador que, ao inutilizarlo en ratos, prevén por completo a formación de metástase e reduce as xa existentes.

  “Nosotros no pretendíamos estudiar las metástasis”, comenta Salvador Aznar. “Yo llevaba tiempo analizando las células madre del cáncer y quería profundizar en un tipo particular, las células quiescentes o dormidas”. Unha teoría cada vez máis aceptada sostén que un tumor, igual que un tecido normal, ten unhas células nai que o orixinan e a partir das cales se derivan todas as demais. Pero dentro delas hai un subgrupo composto por células nai durmidas, que parecen funcionar como unha reserva. "Podrían ser más resistentes a los tratamientos y estar detrás de las recaídas tras la quimioterapia”, añade Aznar.

  A sorpresa chegou cando trataron de separalas e illalas. Usando mostras de pacientes con cancro oral viron que había, en efecto, células nai de ciclo máis lento. “Pero cuando las analizamos, ellas mismas nos dijeron que tenían algo que ver con las metástasis, porque expresaban muchos genes relacionados con estas. Parecían adipocitos, células de la grasa. En ese momento cambiamos completamente el objetivo de la investigación”. Para poder xogar coas células necesítase atopar unha fechadura que as diferencie. De entre todos os xenes especialmente activos das células durmidas había un que chamaba a atención. Chámase CD36 e a proteína á que dá lugar é unha porta de entrada ás células. Xogando con ela en ratos, os resultados foron impactantes: cando se aumentaba nos tumores orais, que adoitan dar metástases aos ganglios linfáticos nun 20% das ocasións, a porcentaxe aumentaba ata un 80% e os ganglios eran 40 veces máis grandes. Ao contrario, cando se usaban anticorpos que a bloqueaban, as metástases diminuían entre un 80% e un 90%. Nalgúns casos mesmo desaparecían. E se se administraban antes de introducir as células cancerígenas, previñan por completo a súa aparición. Todo iso, curiosamente, sen afectar apenas o tumor de orixe.

  Ao revisar datos de estudos previos, o grupo de Aznar observou que o aumento de CD36 en pacientes con cancro de pulmón, mama ou vexiga tamén estaba relacionado cun peor prognóstico. E cando probaron nos ratos con melanoma ou cancro de mama, os resultados foron moi parecidos. No artigo falan dun mecanismo xeral de metástase.

  Agora están a traballar con MRC Technology, do Reino Unido, para desenvolver anticorpos que poidan probarse en humanos. Ese é o verdadeiro salto.  “Esperamos conseguirlos –comenta Aznar– y que no se queden en el camino. En cualquier caso habrá que esperar unos años”. Un aspecto positivo é que, polo menos en ratos e administrados durante períodos non demasiado longos de tempo, os efectos secundarios non parecen graves. Outro: os ratos non parecían xerar resistencias, presentes na inmensa maioría das terapias dirixidas contra o cancro.

  As metástases responden ás graxas. 

  O vínculo entre unha dieta rica en graxas e algúns tipos de cancro, como os de colon e mama, é xa coñecido, pero non tanto a súa correspondencia coas metástases. Ata o momento describíronse algúns estudos que describen a obesidade como un factor de risco de metástase en cancro de páncreas e algúns tipos de mama, pero os mecanismos implicados descoñécense.

  O mecanismo exacto aínda se descoñece. “Podría ser que permitan a las células obtener más energía y resistir mejor el estrés que les debe suponer salir de su entorno y colonizar otros tejidos”, sostén Aznar. Pero “también podrían jugar un papel otros procesos, no solo la obtención de energía”. De feito, non todas as graxas parecen prexudiciais: por exemplo, o consumo de aceite de oliva na dieta mediterránea asóciase con certa protección contra o cancro.

  De momento hai polo menos un sospeitoso claro. Cando as células tumorales se incubaban con ácido palmítico, estas parecían lembrar a relación e producir máis metástase tras inocularse nos ratos. O dato é importante: o ácido palmítico está presente no aceite de palma ou de coco, incluídos en moitos dos produtos industriais procesados.“No lo sabemos aún, pero este hecho podría estar detrás del aumento de mortalidad en algunos tipos de cáncer que se ha observado en los últimos años”. Pescudalo con exactitude é moi complicado. Implicaría deseñar grandes estudos epidemiolóxicos de moi difícil seguimento. Unha forma indirecta pero máis plausible é a que vai iniciar o grupo do propio Aznar.  “Tenemos acceso a muchas muestras de pacientes con cáncer. En colaboración con el Hospital Vall d´Hebron, que también participó en este estudio, queremos analizar si hay una relación entre las grasas presentes en sangre y el riesgo de desarrollar metástasis”.

  Outra porta lóxica que se abre é a posibilidade de ofrecer tratamentos dietéticos. Podería unha dieta baixa en graxas mellorar o prognóstico dos enfermos? “Estamos estudiando también hacer un ensayo clínico para averiguarlo”, comenta Aznar. “Pero es complicado. La labor de seguimiento es muy cara y obtener financiación cuando no hay detrás un posible beneficio económico es más difícil”.

  De momento a viaxe ten tres patas. O tempo dirá se chega a cuarta, a que o confirme.

  Derivación de Agencia SINC.

Ver todas as noticias

© 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.