e-distrito


España é o segundo país da UE con maior número de policías pese a baixa taxa de criminalidade.

España é o segundo país da UE con maior número de policías pese a baixa taxa de criminalidade.

  A estatística mostra que a delincuencia foise reducindo nos últimos anos mentres o número de policías e poboación reclusa aumentou.

  13 decembro 2016

  Dino os datos da Oficina Europea de Estatística (Eurostat) e recoñéceno informes de centrais sindicais do ámbito das forzas de seguridade, como a proposta do Sindicato Unificado de Policía (SUP) e do Asociación Unificada de Gardas Civís (AUGC) "Un modelo de seguridad para el siglo XXI", na que se poden ler frases como: “los datos hablan por sí solos; España mantiene la cifra más alta de funcionarios policiales de toda Europa, y salvo excepciones de difícil comparación, de todo el mundo”.

  En realidade, segundo Eurostat, España non é o primeiro país en número de policías por poboación da Unión Europea. O podio osténtao Chipre, con 611 axentes por cada 100.000 habitantes, pero a prata é indiscutiblemente española con 534, moi por encima da media (ningún outro está por encima de 500), segundo os últimos datos de Eurostat, relativos a 2012. Son 249.900 efectivos entre os diferentes corpos estatais, autonómicos e locais, unha cifra similar á de Alemaña, país que conta cunha poboación que supera á española en 35 millóns.

  Forzas de seguridade do Estado sobredimensionadas.

  Están os corpos e forzas de seguridade do Estado sobredimensionados? Os datos dan a resposta en si mesmos, no sentido de que non se aprecia ningunha necesidade de que no caso español exista esa taxa tan desproporcionada no contexto europeo, sobre todo se se ten en conta que, se a comparamos con algunha medición obxectiva, España ten unha das taxas de delitos máis baixas da Unión Europea. 

  Volvemos a Eurostat. Efectivamente, o país atópase na parte media-baixa da táboa de delitos por poboación: 4.846 por cada 100.000 habitantes, moi lonxe dos países con maior taxa de criminalidade, como é o caso de Suecia (14.791), Bélxica (9.678), Finlandia (7.876) ou Dinamarca (7.867), segundo as últimas cifras, relativas a 2012. 

  “No hay una correspondencia con la tasa de delitos y con la evolución en el tiempo de esas tasas –apuna o experto en seguridade do Observatorio Metropolitano de Madrid Sergio García– porque precisamente lo que muestran las estadísticas es que la delincuencia se ha ido reduciendo en los últimos años y, sin embargo, la policía ha seguido creciendo, igual que el encarcelamiento, a un ritmo mucho mayor que el que nos indican esas cifras”.

  Entre os anos 2007 e 2012, a taxa de criminalidade reduciuse en 41.000 delitos anuais, segundo a Oficina de Estatística da UE. Con todo, nese mesmo período, o número total de efectivos dos corpos de seguridade que traballan en España aumentou en 35.000 persoas.  

  Hoxe, España conta con 141.285 policías nacionais e gardas civiles, e 25.876 axentes dos corpos de seguridade autonómicos. Os datos relativos a 2016 do Ministerio de Interior amosan que aínda que as políticas de austeridade implicaron unha reducción do total de efectivos policiais, España segue no podio de presencia policial, sendo esta baixada de efectivos coxuntural á situación económica pero non estando determinada pola tentativa de racionalizar dito sobredimensionamento.

  Máis información en: diagonalperiodico

Ver todas as noticias

© 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.