e-distrito


Galicia incrementa o número de cotizantes nun 1´9% en 2016.

Galicia incrementa o número de cotizantes nun 1´9% en 2016.

  Pola contra a protección aos parados está por debaixo da media española. Máis de 100.000 desempregados non reciben ningún tipo de cobertura.

  04 xaneiro 2017

  O número de cotizantes en Galicia sitúase amplamente por baixo do millón de persoas, nas 963.735, e aínda así son 17.613 máis que hai un ano, un incremento do 1,9%. Un bo dato asentado primordialmente no sector servizos. 

  En termos interanuais, o paro cae en ambos sexos, pero a recuperación volve beneficiar moito máis a homes que a mulleres. O desemprego masculino descende nun 11,7% fronte á menor caída, o 8,54%, do feminino. Por idades, para os menores de 25 anos o desemprego sitúase en 9.391 persoas en decembro, cunha evolución máis favorable que a do total do paro. Medra no conxunto de idades o 1,16% e nos menores de 25 anos cae o 4,53%. No conxunto do ano hai unha caída tamén máis importante entre os mozos (- 17.3%, que son 1.969 persoas desempregadas menos fronte ao -10% do total).

  Ademais, o emprego que se crea nin é estable nin ben pagado. Dos máis de 71.500 contratos asinados en decembro -o que proba a elevada rotación que se dá no mercado laboral-, máis de 66.000 eran temporais, tan só o 7,5% foron fixos. En decembro caen os contratos indefinidos un 11,5% e os temporrais un 5,5%. Descende tamén a contratación en xeral no mes, o 6%, e medra o 4,2% no total do exercicio.

  Por outra banda, a cifra de beneficiarios con prestacións por desemprego en Galicia en novembro de 2016 é de só 98.059, polo que segue en valores mínimos. O carácter contributivo desta prestación está en mínimos, tan só 40.535 son beneficiarios de prestación contributiva. A taxa de cobertura é do 52,5% no mes, moi por debaixo do 55,7% no Estado. Xa que logo, en Galicia hai 105.495 persoas desempregadas sen ningún tipo de cobertura.

  Derivación libre de Praza.

Ver todas as noticias

© 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.