e-distrito


Feijóo sobre a fusión das caixas: "Fixemos o que tiñamos que facer".

Feijóo sobre a fusión das caixas: "Fixemos o que tiñamos que facer".

  Despois da venda das caixas a capital foráneo, da entrada en prisión dos exdirectivos, e da perda de 8.000 millóns de euros, o presidente da Xunta non se arrepinte da operación. 

  O que foi o máximo abanderado da mesma tamén cualifica como de "consecuencias desastrosas" o ingreso en prisión dos exdirectivos ordeada pola Audiencia Nacional.

  18 xaneiro 2017

  O presidente da Xunta asegura que non se arrepinte de impulsar unha fusión que acabou xerando un buraco de 8.000 millóns de euros: "Fixemos o que tiñamos que facer" e cualifica como "dramáticas" as consecuencias da orde da Audiencia Nacional pola que cinco exdirectivos de Novacaixagalicia ingresaron en prisión o pasado luns.

  Núñez Feijóo asegura que cando tivo coñecemento dos soldos millonarios que se garantiron eses directivos, puxo o caso en coñecemento do gobernador do Banco de España a través dunha carta na que lle explicaba que " entendía que non eran conformes a dereito". Segundo o presidente galego a misiva nunca obtivo resposta. Tras enviar a carta, Feijóo sentou a esperar e non fixo nada máis respecto diso por entender que carecía de competencias: "Cando escribín esa carta a caixa estaba intervida e a comunidade autónoma non tiña ningunha competencia".

  O presidente da Xunta non se arrepinte de ser o principal impulsor da fusión das caixas galegas que, ademais do recente encarceramento dalgúns dos seus directivos, obrigou a un rescate de miles de millóns de euros. Daquela operación na que o Goberno de Feijóo se involucrou completamente destacan algúns datos: Novacaixagalicia custou ás arcas públicas 9.000 millóns de euros do FROB e posteriormente foi vendida a un grupo venezolano por só 1.000 millóns. 

  Segundo o presidente galego, o diñeiro do FROB gastouse "para asegurar os depósitos de todos os clientes". Pola contra, dende o BNG (quen propuxera que a Xunta comprase as caixas para formar unha gran Banca Galega que actuase para dinamizar a economía e fomentar o emprendemento) os feitos amosan que Galicia perdeu o seu protagonismo bancario para regalarlle a entidade resultante a un empresario venezolano despois de que o Frob perdese 8.000 millóns de euros de fondos públicos, como así o constata que Abanca amortizase o gasto só no primeiro ano de Juan Carlos Escotet ao fronte.

  Derivación libre de Eldiario.
  Foto: Xunta de Galicia.

Ver todas as noticias

© 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.