e-distrito


Galicia gañou 17.000 empregos en 2016 pero segue a ser a comunidade do norte de España con máis paro.

Galicia gañou 17.000 empregos en 2016 pero segue a ser a comunidade do norte de España con máis paro.

  Os datos son semellantes aos estatais onde o paro baixa con forza pero a creación de emprego e a taxa de actividade son moi baixas.

  Según a EPA, cando acabou 2015 a taxa de paro en España era do 20´90 % e a taxa de actividade dun 59´43; a día de hoxe o paro baixou ao 18´93 e a actividade baixou tamén ao 58´93%. Os datos amosan igualmente 480.000 ocupados máis.

  27 xaneiro 2017

  Os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA), que sitúan a taxa de paro en Galicia no 16,3% logo dun descenso durante o ano pasado en 18.500 persoas (-8,3%). A cifra total de desempregados no país queda nos 204.200, 2.500 menos que no anterior trimestre, un descenso do 1,2% e algo inferior ao que se dá no conxunto de España (-1,9%). En termos interanuais, a baixada tamén foi inferior á do Estado, dun 8,3% fronte ao 11,3% (-541.700 desempregados menos nun ano e unha taxa do 18,6% a nivel estatal).

  Son agricultura e pesca as que tiran da ocupación ao aumentar nun ano en 11.800 persoas e un 18%. Na industria, o número de ocupados increméntase en 6.200 persoas e no sector servizos en 4.100. Pola contra, na construción perdéronse 5.100 traballos durante o pasado exercicio. 

  Mentres que o paro baixa a creación de emprego é moi feble. Por sexos, diminúe tanto o paro  masculino como o feminino, quedando as taxas de desemprego nun 15,6% no caso dos homes e nun 17% no caso das mulleres. En canto á poboación xuvenil, de entre 16 e 29 anos, a taxa de paro descendeu durante o trimestre 1,4 puntos ata situarse no 26,5%. En comparación co cuarto trimestre de 2015 diminuíu 5,6 puntos.

  En termos interanuais, os asalariados con contrato indefinido permanecen estables e os de contrato temporal incrementáronse un 6,2%. Por outra banda, en canto aos fogares, no último trimestre de 2016 descendeu en 2.500 unidades o número de fogares nos que todos os seus membros activos están en paro diminúe, quedando en 69.600, un descenso do 7,3% con respecto a hai un ano. Ao tempo, o número de familias nos que todos os seus membros activos son ocupados aumenta en 600 unidades, o que supón unha suba do 2,7% en termos relativos.

  Derivación libre de Praza.

Ver todas as noticias

© 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.