e-distrito


Galicia acada nos últimos catro anos as maiores vendas ao exterior da súa historia.

Galicia acada nos últimos catro anos as maiores vendas ao exterior da súa historia.

  Sitúase como a terceira comunidade a nivel estatal con maior crecemento porcentual das exportacións. 

  21 febreiro 2017

  Segundo os datos publicados onte polo Ministerio de Economía e Competitividade, o crecemento das exportacións galegas en 2016 con respecto a 2015 multiplica case por catro o do conxunto de España, que se sitúa nun 1,7%. Ademais, Galicia sitúase como a terceira comunidade cun maior crecemento porcentual do ano.

  O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou que a aposta pola innovación e polo talento das empresas galegas é a clave do novo récord histórico das exportacións da comunidade. Tal e como apuntou Conde en declaracións aos medios, o esforzo do tecido empresarial galego ten permitido mellorar nun 6,4% o rexistro de 2015, superando por primeira vez os 20.000 millóns de euros exportados. No tocante ao destino das exportacións galegas, os tres primeiros mercados de destino son Francia, cun 19,2% do total, Portugal, cun 12,7% e Reino Unido, cun 7,9% do total. Destacan os crecementos que experimentan mercados como Alemaña, que en 2016 foi o destino dun 7% das exportacións galegas, e cara onde se exportou o ano pasado un 42% máis que en 2015, ou Reino Unido, onde se exportou un 43,6% máis.

  A aposta das empresas galegas por diversificar os mercados a onde exportan os seus produtos ten permitido ademais que se incrementasen nun 9,4% as exportacións a Asia, que supón xa o 5,2% do total das exportacións galegas, destacando a suba das vendas á India ou a Xapón.

  Sectores estratéxicos.

  Nos bos resultados das exportacións galegas desempeñaron un importante papel os principais sectores estratéxicos da nosa economía. Así, as vendas ao exterior do sector téxtil rexistraron unha suba do 17,9%, mentres que a venda de material de transporte (automóbiles, barcos e aeronaves) experimentou un incremento do 7,2%.

  Derivación de Xunta de Galicia.

Ver todas as noticias

© 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.