e-distrito


Galicia é a cuarta comunidade con puntuación máis baixa en aplicación de Servizos Sociais según o índice DEC.

Galicia é a cuarta comunidade con puntuación máis baixa en aplicación de Servizos Sociais según o índice DEC.

  O estudo marca un claro retroceso dende 2.010 onde o mesmo índice outorgáballe unha calificación superior á media española.

  O Índice DEC, elaborado por directores e xerentes destes servizos, suspende a xestión das lexislaturas de Feijóo.

  10 abril 2.017

  Galicia suspende en servizos sociais. Unha cualificación que ten a súa importancia, por ser feita polo Índice DEC (Dereitos, economía e cobertura), que elaboran os directos e xerentes de servizos sociais. O estudio mide o desenvolvemento lexislativo, a achega económica e a cobertura dos servizos sociais a través de 26 indicadores. Un traballo rigoroso e no que se percorren e avalían os servizos sociais dos diferentes territorios do Estado español. E Galiza non sae ben parada.

  Se a nota media que teñen estes servizos no estado español é do 4,54 en Galicia a cualificación cae até o 2,6, a cuarta máis baixa. En 2010 a nota era mellor que a medida española: 5,10 Galicia fronte a un 4,72 en España. Mais nestes cinco anos fixeron que dese aprobado do 5,10 caera até o 2,6,. Como foi posíbel isto?

  Recortes

  Segundo se recolle neste estudio, entre 2011 e 2015 o gasto por habitante nas administracións públicas de Galicia en servizos sociais caeu en máis de 25 euros por habitante. En 2014 tiña un gasto neste eido un 18% inferior á media española. Así, o gasto das administracións nestes servizos era de 252 euros mentres que no estado superaba os 309 euros por persoa.

  Unha fenda que tamén se nota se falamos do peso dos gastos en servizos sociais a respecto do PIB, que é en Galicia 1,29% fronte ao 1,38% de España. En 2011 en Galicia ese gasto representaba o 1,39% do produto interior bruto.

  O suspenso prodúcese nos tres grandes eidos postos baixo a lupa neste estudo. En dereitos e decisión política a respecto dos servizos sociais os expertos e coñecedores puntúan Galicia cun 0,5 sobre 1,5. En relavancia económica obtén un 0,9 sobre 3. E, por último, en cobertura destes serviso a nota é dun 1,2 sobre 5,5, unha cualificación de moi deficiente.

  Destacan os responsábeis do traballo os malos rexistros en certos indicadores, moi por baixo da media española. Un exemplo son as prazas de residencia de financiamento público para persoas maiores de 65 anos: 1,24 en Galiza fronte 2,3 no estado. Ou na renda de inserción, onde a cuantía que se destina no noso país é máis baixa que a media estatal.

  Derivación libre de Sermos Galiza.

Ver todas as noticias

© 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.