e-distrito


Rajoy chamado a declarar como testemuña no xuízo da Gürtel

Rajoy chamado a declarar como testemuña no xuízo da Gürtel

  Trátase da primeira vez que un presidente español no exercizo das súas funciones debe acudir aos tribunais. Deberá declarar sobre a contabilidade B do Partido Popular na súa estapa como Secretario Xeral.

  19 abril 2.017

  A Audiencia Nacional española chama o chefe do executivo estatal a prestar declaración na súa calidade de dirixente do PP e a petición da acusación popular. A Fiscalía, dependente organicamente do executivo, opúxose á comparecencia por entender que Rajoy non tiña nada que achegar a esta causa.

  A declaración de Rajoy versará sobre a súa etapa como secretario xeral e director en varias campañas eleitorais durante a fase inicial da trama Gürtel (1999-2005).

  A súa presenza no xuízo como testemuña foi demandada pola acusación particular que exerce a Asociación de Avogados Demócratas de Europa (ADADE). O tribunal aceitou a petición por maioría: dous dos maxistrados pronunciáronse a prol, o terceiro restante en contra.

  A Audiencia toma esta decisión co criterio en contra da fiscalía, unha instancia do poder xudicial que no Estado español depende organica e hierarquicamente do poder executivo.

  A fiscal Concepción Nicolás considerou "inútil e innecesaria" a proba testifical de Rajoy (isto é, a súa participación como testemuña no proceso xudicial). 

  Os xuíces aceitan os argumentos da acusación popular e consideran, en troca, que Rajoy si ten cousas a dicer sobre a existencia dunha contabilidade B no partido.

  Derivado de Sermos

Ver todas as noticias

© 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.