e-distrito


Beatriz Mato elixida Presidenta do PP da Coruña co 96´85% dos votos.

Beatriz Mato elixida Presidenta do PP da Coruña co 96´85% dos votos.

  Javier Escribano renunciou a presentarse e anunciou unha demanda para pedir a anulación do congreso por supostas irregularidades. 

  Os dous candidatos que confluían á elección foran investigados por recibir regalos de empresarios detidos pola Policía.

  22 abril 2.017

  Tras a renuncia final de Javier Escribano, o Congreso asistiu á proclamación da Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, como presidenta do PP da Coruña, posto que aínda que non está decidido probablemente a convertirá na candidata do PP para recuperar a alcaldía da Coruña. De feito, Mato aproveitou o seu nomeamento para recalcar que a finalidade dos populares é "seducir a los coruñeses" para recuperar o goberno local e volver ao que chamou "etapa gloriosa" da cidade con Carlos Negreira. De igual maneira apelou á unidade no partido e reivindicou o traballo de Núñez Feijóo á fronte do goberno galego. 

  O deputado Gonzalo Trenor será o secretario xeral mentres que o posto de coordinador será ocupado polo director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez. Continúan edís como Rosa Gallego, quen recibiu as loanzas de Mato, Roberto Coira, Miguel Lorenzo e Martínez Prado.

  No discurso de clausura o presidente da Xunta amosouse optimista e dixo dispor dun equipo integrador e unido disposto a recuperar a confianza da xente. Diego Calvo, presidente provincial, arremeteu contra as Mareas acusándoas de non saber xestionar e volveu a acusar a Xulio Ferreiro de manter a cidade na "parálise", argumento que tamén extendeu aos concellos máis importantes nos que o PP perdeu o goberno en 2.015.

  Información: E-distrito
  Foto: Campaña electoral.

Ver todas as noticias

© 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.