e-distrito


Subida do paro no primeiro trimestre despois dun ano de baixadas.

Subida do paro no primeiro trimestre despois dun ano de baixadas.

  Galicia é a terceira CCAA que rexistra maior aumento do desemprego. O paro a nivel estatal alcanza ás 4.255.000 persoas según a EPA.

  O primeiro trimestre do ano marcou un aumento do paro en España de 17.200 persoas, e en Galicia de case 13.000. En ambos casos baixa a poboación activa.

  27 abril 2017

  Estatal.

  Máis paro e menos emprego. O primeiro trimestre do ano non adoita traer boas noticias para o mercado de traballo, tampouco o de 2017. Entre xaneiro e marzo produciuse a primeira subida do paro despois dun ano de baixadas. Os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) publicados este xoves polo Instituto Nacional de Estatística mostran, ademais, que este comezo de ano foi peor que o pasado. No primeiro trimestre o paro creceu en 17.200 persoas, ata un total 4.255.000 e o número de persoas con emprego baixou en 69.800. 

  Ambos os rexistros son peores que os que a enquisa recolleu o primeiro trimestre de 2016. Ese comezo de ano trouxo 11.900 parados máis e 64.600 empregos menos. En termos absolutos o paro reduciuse desde entón en 536.400 persoas e hai 453.100 ocupados máis.

  A evolución de paro e emprego é peor entre as mulleres. De feito, toda a subida do paro do primeiro trimestre corresponde a mulleres (21.700 paradas máis), mentres que os homes reduciron o seu desemprego (4.500 parados menos). A caída do emprego afecta máis as mulleres (46.400 ocupadas menos) que aos homes (23.400 ocupados menos). 

  O emprego destruído no primeiro trimestre corresponde a postos a tempo completo, 111.100 menos. Os ocupados a tempo parcial, por contra, creceron en 41.300. A evolución no último ano, mostra con todo, que o emprego a tempo completo crece máis que o tempo parcial. 

  En canto á calidade do emprego, todos os postos que se destruíron entre xaneiro e marzo foron temporais. Os indefinidos, en cambio, creceron. Trátase dun período no que as contratacións pola tempada do Nadal, maioritariamente temporais, terminan. En cambio, nos últimos doce meses obsérvase que segue sendo o emprego temporal o que ten mellor evolución.

  Menos poboación activa

  A poboación activa, a que está en idade e disposición de traballar, caeu durante o primeiro trimestre: 52.600 persoas menos. Hai distintos motivos polos que alguén deixa de ser activo, por exemplo, volver aos estudos, emigrar, ou deixar de buscar emprego de forma activa. 

  A evolución dos tres factores "paro, ocupación e poboación activa" fai que a taxa de paro suba respecto ao trimestre anterior. Está no 18,7%.

  Derivación de El Diario.

Ver todas as noticias

© 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.