e-distrito


O miniportátil galego, entre os 10 máis vendidos de Amazon

O miniportátil galego, entre os 10 máis vendidos de Amazon

  O dispositivo, o primeiro galego, foi creado pola empresa Primux, con base na Tecnópole de San Cibrao das Viñas.

  03 maio 2.017

  O miniportátil Primux 1401, desenvolvido pola empresa galega con base na Tecnópole de San Cibrao das Viñas, conseguiu entrar nas últimas semanas entre os 10 máis vendidos da súa categoría no plataforma Amazon. Este dispositivo, lanzado a comezos de 2016, é o primeiro notebook deseñado e elaborado íntegramente en Galicia e en España.

  O 1401 está enfocado ao uso doméstico e educativo. Destaca polo seu sinxelo e lixeiro deseño. Ten apenas dous centímetros de grosor e un peso aproximado duns 1.569 gramos. Consta dunha pantalla de 14,1 polgadas, un procesador de 1,84 Ghz e 2GB de memoria RAM, amais de 32GB de almacenamento interno, ampliables a 64 cunha tarxeta de memoria. A súa autonomía oscila entre as 6 e as 8 horas.

  Daniel Rodríguez, xerente da empresa, sostén que unha das claves da boa acollida do 1401 está no seu prezo (199 euros) e na súa calidade. Aos 10 anos de experiencia que atesoura Primux desenvolvendo tecnoloxía de consumo, a empresa galega suma para este proxecto o apoio de dous xigantes do sector: Intel® e Microsoft. “Trátase dun computador portátil que achega unha fluidez de uso e navegación excepcional”, detalla Rodríguez. Segundo os seus responsables, a marca está a explotar, sen desviarse nunca da liña marcada, os seus puntos fortes para consolidarse nun mercado moi competitivo: produtos funcionais, de calidade e a un prezo moi axustado. “Durante anos tan complicados –a empresa naceu en 2007, xusto antes do comezo da crise– foi a única maneira de poder seguir pelexando no sector”, afirma Rodríguez, “e é certo que non foi doado, pero estamos moi orgullosos de todo o conseguido e da variedade e a calidade do noso catálogo actual”.

  Ao longo do mes de maio, a empresa presentará o Primux ioxbook 1402L, un novo portátil ultralixeiro.

  Derivación de GCiencia.

Ver todas as noticias

© 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.