e-distrito


O Congreso do PP que escolleu a Feijóo como líder foi pagado en diñeiro negro por OHL.

O Congreso do PP que escolleu a Feijóo como líder foi pagado en diñeiro negro por OHL.

  Así o declarou Bárcenas na Audiencia Nacional respecto a unha nota manuscrita atopada pola policía na que o xerente do PP galego apunta: "OHL 300.000 euros en campaña".

  Na nota, ademais da empresa cuxo principal accionista é Villar Mir, tamén aparecen outras consultoras como ACS do presidente do Real Madrid, Florentino Pérez.

  04 maio 2.017

  Varios sumarios xudiciais inclúen indicios de corrupción entre empresas de Villar Mir e o PP galego. Unha nota manuscrita do ex-tesoureiro do PPdeG indica que o congreso que elixiu a Feijóo foi pagado en negro aportado pola construtora. Ademais, OHL é unha das empresas as que terían intentado beneficiar Ángel Espadas e un xuíz.

  Hai polo menos tres indicios claros de posíbeis asuntos turbios entre o PPdeG e OHLO primeiro, a adxudicación sen publicidade dos concurso dos albergues.  O segundo, unha referencia clarísima ao posíbe  financiamento ilegal do PPdeG por parte da construtora OHL na declaración xudicial do ex-tesoureiro estatal. Luís Bárcenas dixo na Audiencia Nacional que o congreso do PPdeG que elixiu a Feijóo como líder foi pagado en parte con diñeiro negro. Bárcenas e unha nota manuscrita polo tesoureiro do PPdeG identifican a OHL como unha das construtoras que pagaron as facturas dos conservadores. 

  Bárcenas fai estas declaracións cando o xuíz lle pregunta por unha nota descuberta pola Policía, escrita por Modesto Fernández, daquela xerente do PP en Galicia. Nela lese claramente "OHL 300.000 euros en campaña".  O tesoureiro explica que o PP galego estaba en mala situación económica e por iso pediron a axuda de Génova. Nese proceso, o PPdeG tería explicado ao aparato estatal que empresas fornecían a súa caixa B.

  Esta é o pasaxe completa da declaración de Bárcenas ante o xuíz Pablo Ruz en 2013:

  Sr. Magistrado-Juez: Mire hay un documento, o dos documentos en concreto de los que aporta usted aquí, que yo no sé si al principio ha dado explicaciones de ellos, pero me gustaría que volviéramos sobre ello. Aparecen en una carpeta que no sé que pone aquí, si me lo puede decir, y si tiene alguna relación con las dos hojas que se aportan. 

  D. Luis Bárcenas: Ahí pone, parece que quiero poner: "Campaña". Sr. Magistrado-Juez: y se trata de 2 hojas que son como de visita, con su nombre. 

  D. Luis Bárcenas: Esas son unas octavíllas en las que yo escríbí unas notas. 

  Sr. Magistrado-Juez: ¿Nos puede decir cada una a qué responden? ¿Los conceptos...? 

  D. Luis Bárcenas: Sí, esto de Galicia, esto es una relación... esto va con otra relación que debe estar en esa documentación de aportaciones de una serie de empresas en el año 2006 a Galicia. Esa campaña había generado déficit, tenía el partido en Galicia una situación económica mala, nos habían pedido ayuda, y Álvaro Lapuerta pidió que, antes de ver si comprometíamos alguna ayuda o no, queríamos saber: primero ¿cómo iban a vivir el resto del ejercicio que quedaba?, y ¿cuál había sido la situación de la campaña? Esta relación nos la entregó Modesto Fernández, que era el gerente regional del partido en Galicia, en la que aquí pone: "OHL 300.000 euros en campaña", "ACS se compromete a 1.000.000 de euros, ha dado 30.000", "Ingresado en 2006 en donativos aproximadamente 360.000.000 de pesetas". Y luego pone: "Fomento de Construcciones y Contratas daba 50.000 euros al mes. Va a dar, a partir de ahora, 12.000 euros al mes, más una ayuda específica para la campaña", Y luego apunto: "Las empresas siguen ayudando". y luego tengo aquí una nota que pone: "Ojo, donatívo Acciona", que no sé lo que quise decír con eso. Y luego pone que el congreso del partido, en el que sale elegido el Sr. Feijoo, presidente del partído, y una romería que se hacía al Monte do Gozo, estaban ya pagados.

  O terceiro indicio que vincula a OHL coa corrupción no PPdeG está no sumario da Operación Pokemon. Tras ser defenestrado, o xefe de Gabinete da Alcaldía de Santiago traballa para a construtora Unika  como “abrelatas” para conseguir contratos públicos, en palabras de Vigilancia Aduanera. 

  Segundo informou a Ser, a escoita das conversas a Espadas permitiu aos policías identificar ducias de xestións para lograr adxudicacións, entre elas unha “gran obra” para unha Unión Temporal de Empresas formada por Unika e unha filial de OHL. Unha xestión na que -segundo Vigilancia Aduantera- tamén podería ter participado o xuíz Juan Carlos Carballal.

  Apoiará finalmente o PSdeG a Comisión de Investigación deixando só ao PPdeG? O certo é que na pasada lexislatura os socialistas da Cámara Galega xa pediron os contratos a OHL.

  No Parlamento de Galicia, o BNG expresou a súa intención de solicitar a creación dunha comisión de investigación sobre o Grupo Villar Mir pero ao non ter a representación suficiente por sí mesmo precisa do apoio de outros grupos. Luis Villares, de En Marea, xa apostou por "mirar con lupa" as conexións entre o financiamento ilegal do PP galego e as empresas investigadas na Operación Lezo, pero de momento é o PSdG, quen na anterior lexislatura sí pideu os contratos a OHL, quen garda silencio.

   Derivado de Galicia Confidencial.

Ver todas as noticias

© 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.