e-distrito


A Coruña/ Detido o pai pola morte do seu fillo durante o réxime de visitas.

A Coruña/ Detido o pai pola morte do seu fillo durante o réxime de visitas.

  Localizan o cadáver nun eucaliptal de Oza-Cesuras. A nai denunciara a desaparición tras non serlle devolto á hora convida polo pai, quen padece transtornos psiquiátricos. 

  O Concello da Coruña declara dous días de loito oficial.

  09 maio 2.017

  A Policía detivo a un home de 43 anos pola morte do seu fillo de 11 anos no municipio de Oza Cesuras, na Coruña, cuxa desaparición fora denunciada o domingo pola nai, despois de que non lle devolvesen ao menor ao finalizar o réxime de visitas. 

  Foi o propio proxenitor o que conduciu aos axentes da Policía este luns pola tarde ata unha paraxe do monte de A Barra, na parroquia de Rodeiro, en Oza-Cesuras, no que atoparon o cadáver. O corpo do neno presentaba un forte golpe dun obxecto contundente na cabeza. O lugar de monte onde foi achado o corpo foi acordoado polas forzas de seguridade. 

  O proxenitor, veciño de Labañou e según fontes da investigación con problemas psiquiátricos, atópase detido en dependencias da Policía Nacional de Lonzas en espera de pasar a disposición xudicial cando finalicen as dilixencias policiais. O rapaz era estudante do colexio San Francisco Javier da Coruña, no que a súa nai traballaba de conserxe. 

  Á espera de confirmación oficial, trátase do quinto menor asasinado este ano no estado español e convertería a 2017 no ano de máis menores vítimas mortais da violencia machista desde 2013, cando se empezaron a contabilizar de forma oficial. 

  O Concello da Coruña decretou dous días de loito oficial e convocou á poboación a un minuto de silencio mañá día 10 ás 12:00 h.

  Derivado de 20 minutos
  Foto: CRTVG

Ver todas as noticias

© 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.