e-distrito


Lanzan ‘Velaquí’, o WeTransfer galego

Lanzan ‘Velaquí’, o WeTransfer galego

  Punto Gal e Dinahosting conmemoran o Día das Letras coa posta en marcha dun servizo de intercambio de arquivos na rede. 

  Punto Gal tamén ofrece un desconto para os novos dominios a un prezo de menos de 17 euros máis IVE.

  15 Maio 2.017

  A asociación Punto Gal e a empresa Dinahosting acaban de lanzar a web Velaquí, un servizo de intercambiador de arquivos desenvolvido e localizado en Galicia. Cun funcionamento semellante ao popular portal WeTransfer, o servizo permite compartir arquivos de ata un total de 2GB a través da rede. A iniciativa enmárcase dentro da celebración do Día das Letras.

  Na web Velaqui.gal, os usuarios só terán que introducir o seu enderezo de correo electrónico e subir os arquivos que desexen. Unha vez procesado o arquivo, xérase un enlace que o usuario poderá compartir con quen queira. Velaquí ofrece tamén as opcións de compartir os arquivos de xeito público ou privado, así como a posibilidade de cifralo, establecer unha data de caducidade para o enlace ou un límite de descargas.

  Para celebrar o Mes das Letras, Punto Gal tamén ofrece un desconto para os novos dominios a un prezo de menos de 17 euros máis IVE.

  Derivado de GCiencia.

Ver todas as noticias

© 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.