e-distrito


Inditex inviste 57 millóns en crear unha Plataforma Loxística na Laracha.

Inditex inviste 57 millóns en crear unha Plataforma Loxística na Laracha.

  A nova plataforma loxística de recepción, almacenamento e clasificación de tecidos e accesorios ocupará 218.000 metros cadrados.

  O obxectivo é que estea operativa no verán de 2018. Precisará como mínimo medio centenar de traballadores.

  01 xuño 2.017

  O grupo Inditex, con sede en Sabón, investirá 57 millóns de euros --12 millóns na compra dos terreos e 45 na construción-- para crear unha nova plataforma loxística de recepción, almacenamento e clasificación de tecidos e accesorios na Laracha (A Coruña). O obxectivo é que estea operativa no verán de 2018.

  O consello de administración de Solo Empresarial do Atlántico (SEA), sociedade participada en máis dun 83% polo Ministerio de Fomento a través de Sepes e ao redor dun 15% pola Xunta, informou da venda de 26 parcelas a Inditex, no parque empresarial desta localidade coruñesa.

  Fontes da compañía confirmaron a operación a Europa Press e precisaron que as 26 parcelas suman uns 218.000 metros cadrados. O terreo supón un desembolso duns 12 millóns de euros.

  Para as obras da nova plataforma loxística, que se sumará ás 10 que a compañía ten en España e funcionará de forma totalmente integrada e complementaria coa de Arteixo, concello veciño ao da Laracha, Inditex desembolsará outros 45 millóns de euros.

  Polo menos medio centenar de traballadores.

  A previsión é que a plataforma loxística da Laracha estea operativa no verán de 2018 e, aínda que a compañía non ten aínda unha previsión pechada de cantos empregos se crearán, as fontes consultadas por Europa Press apuntan que, como mínimo, farán falta medio centenar de traballadores para o seu funcionamento.

  Inditex dotará o centro da Laracha coas últimas aplicacións tecnolóxicas. Tamén será unha plataforma ecoeficiente, coa redución de consumo enerxético que leva esta característica.

  A compañía enmarca este proxecto dentro da súa estratexia de produción de proximidade en Galicia e concibe esta nova plataforma desde unha perspectiva complementaria coa de Arteixo, xa que requiría unha ampliación.

  O feito de que o parque empresarial no que se desenvolverá a plataforma da Laracha estea executado, con saneamento e outras dotacións, é unha baza para que se poidan axilizar as obras.

  Adxudicacións de solo.

  Fomento concretou que, no seu conxunto, a sociedade pública Solo Empresarial do Atlántico (SEA) resolveu os conxuntos de comercialización das súas actuacións adxudicando 220.827,76 metros cadrados. Entre elas, destacou a venda das 26 parcelas a Inditex.

  Ditas adxudicacións, unidas ás realizadas desde o comezo do presente exercicio, dan un resultado de 34 parcelas vendidas cunha superficie total próxima aos 250.000 metros cadrados.

  Derivado de GConfidencial.

Ver todas as noticias

© 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.