e-distrito


La Voz de Galicia lanza dous titulares eloxiando tácitamente o terrorismo na mesma semana.

La Voz de Galicia lanza dous titulares eloxiando tácitamente o terrorismo na mesma semana.

  O xornal tilda o atentado en Irán que provocou 16 mortos como "golpe de audacia" ao tempo que considera libertadores e heroes aos menores de idade armados que loitan contra o goberno venezolano.

  12 xuño 2.017

  Venezuela.

  O pasado mércores o adolescente Neomar Lander morría víctima da explosión dun artefacto explosivo de fabricación caseira que el mesmo portaba e que lle fracturou dúas costelas e lle reventou o pulmón producindo unha hemorraxia interna. Tiña 17 anos. Dende primeiros de maio tanto o goberno venezolano como o defensor do Pobo alertaban de que a oposición estaba a formar a menores de idade en tácticas de guerrilla urbana para loitar. A oposición, que non negou a presencia dos menores, afirmaba que se trataba de loitadores que se unían voluntariamente as protestas pola falta de recursos. 

  La Voz de Galicia publicaba onte domingo unha nova onde, lonxe da preocupación lóxica derivada pola situación e das directrices da ONU para a protección de menores en conflictos armados, parecía adicar un panexírico a todos os menores que con "arrojo integran la resistencia". Baixo o título "Soy libertador" o xornal asume a versión opositora según a cal foi asasinado e fala de estes rapaces que "se encapuchan para protestar, devuelven las bombas lacrimógenas que les lanzan, tiran piedras y arman barricadas". 

  Para rematar remárcanse as declaracións de Enrique Capriles e Leopoldo López nas que afirman que a loita continuará ata que haxa eleccións. Por lei, as eleccións xerais deberían celebrarse en 2.018 pero os antichavistas esixen a convocatoria inmediata das mesmas. Mentres o número de mortos nas rúas ascende a 66. Hai dez días o xuíz que ratificou a condena a Leopoldo López foi asasinado cando tentaba eludir unha barricada opositora.

  Irán.

  O caso de Irán é aínda máis paradoxal por coincidir o atentado nese país co de Londres. 

  O 03 de xuño unha acción terrorista en London Bridge provocaba oito mortos e corenta e ocho feridos. Catro días más tarde, o día sete, un doble atentado deixaba en Irán un saldo de 16 mortos. O Estado Islámico reivindicaba a autoría en ambos. A analoxía entre os casos era evidente, pero o trato mediático non o foi.

  Na información sobre a capital inglesa repetíanse as verbas de sufrimento e de desesperación que adoitan encher as páxinas dos xornais ante sucesos que provocan tanta dor e inquedanza na poboación. Algúns dos adxectivos repetidos con frecuencia eran "caos", "sinsentido", "desesperación" ou "loita contra o fanatismo" para referirse aos terroristas. Mais sorprendentemente La Voz de Galicia atopaba un xeito moi diferente para afrontar esta publicación. O xornal considerou que o máis transcendente á hora de referirse ao suceso en Irán era a "audacia" do Estado Islámico. O titular foi "Golpe de audacia del Estado Islámico en el corazón simbólico y político iraní"

  As redes sociais, entre a vergoña e a repulsa, recolleron a foto da publicación no xornal escrito baixo comentarios que condenaban a ética xornalística do diario e no agregador de novas máis popular de España (Menéame.net) esta captura chegaba a portada con 400 meneos e máis de tres milleiros de clicks.

  Noticia: E-distrito.
  Foto: HombreDHojalata para Wikipedia con recorte e cambio de tamaño

Ver todas as noticias

© 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.