e-distrito


Abanca concede un crédito de 45 millóns ao Deportivo e o Concello farase cargo da renovación das cubertas do estadio.

Abanca concede un crédito de 45 millóns ao Deportivo e o Concello farase cargo da renovación das cubertas do estadio.

  O Deportivo deixa atrás os problemas de liquidez e remata cun boicot económico que duraba décadas. 

  “O que é bo para o Dépor, é bo para o deportivismo; e o que é bo para o deportivismo, é bo para A Coruña”, sentenciou Xulio Ferreiro

  "Es un día especial y en la vida no hay muchos días de esos" di Tino Fernández.

  Este día é considerado como histórico ao romper con 25 anos nos que o Deportivo foi illado por diferentes sectores; dende La Voz de Galicia a Paco Vázquez e empresarios da cidade aos que se presionaba para manter ao clube en situacións problemáticas co fin de desgastar a figura do antigo presidente, Augusto César Lendoiro.

  30 xuño 2.017

  Concello.

  “Un exemplo de colaboración público-privada sen precedentes na cidade da Coruña”, asegurou Tino Fernández. “O que é bo para o Dépor, é bo para o deportivismo; e o que é bo para o deportivismo, é bo para A Coruña”, sentenciou Xulio Ferreiro. Presidente e alcalde, máximos dirixentes de Deportivo e Concello, compareceron en Riazor para amosar a súa sintonía e presentar a ampliación do convenio de colaboración asinado entre as dúas institucións.

  O acordo subscrito por club e Concello ten por finalidade estreitar a colaboración na promoción da práctica deportiva, mellorar as infraestruturas deportivas e fomentar o deporte base. “Damos un paso máis alá na relación entre o Concello e o Deportivo e entre o Deportivo e a cidade, que ata o de agora estaba demasiado limitada ás cuestións do estadio e que agora se ampliará ao crear este novo marco”, indicou o rexedor.

  O acordo alcanzado, e que se plasma nunha addenda ao subscrito en agosto do 2000, levará o Dépor a impulsar o deporte base a través de achegas -entre elas técnicas- ás Escolas Deportivas Municipais. Do mesmo xeito, o club promoverá accións de promoción do Estadio como imaxe representativa da cidade. A ese fin, o Concello comprométese a realizar, con cargo ao seu orzamento, as obras de renovación das cubertas de Riazor, a fin de dotar a infraestrutura da calidade e a seguridade requeridas, e o Deportivo, pola súa banda, realizará no Estadio obras complementarias para mellorar a imaxe exterior, con intervencións na fachada, e asumirá --unha vez remate e se entregue a obra agora prevista-- os custos de mantemento e conservación da cuberta, actualmente a cargo do concello.

  Ademáis, o presidente deportivista anunciou algunhas melloras no interior do estadio, como “a incrustación dos bancos nas bancadas”, que se esperan estean listos xa para o Teresa Herrera. En total, Tino Fernández asegurou que o Deportivo multiplicará nos vindeiros cinco anos por dous a inversión realizada ata agora no Estadio, de preto de 3,5 millóns de euros.

  O presidente Tino Fernández anunciou a inclusión dun apelido comercial para o Estadio de Riazor, algo que solicitou ao Concello e ao que éste non puxo ningún problema. Ferreiro ten claro que o acordo comercial é “un desafogo económico” para o Deportivo. “O Dépor é un símbolo popular da cidade e con este acordo tamén queremos desde o Concello axudar a que dea un salto de calidade", engadiu o alcalde Xulio Ferreiro.

  En virtude do acordo subscrito, o Deportivo recoñece o Concello da Coruña como colaborador, de xeito que a súa identidade corporativa figurará como tal nos actos deportivos ou de comunicación que se leven a cabo no marco dos espectáculos organizados polo club.

  Abanca.

  Osíxeno para o Deportivo en forma de crédito. Abanca concédelle un préstamo de 45 millóns a pagar en 15 anos que serve ao Deportivo para saldar a débeda privilexiada que mantiña con Facenda e gañar liquidez nos vindeiros anos para fortalecer o proxecto deportivo. Este mesmo xoves, o club coruñés ingresou 43,5 millóns nas contas da Axencia Tributaria.

  O acordo crediticio con Abanca supón para o Dépor un pequeno desafogo, xa que agora terá quince anos para finiquitar unha débeda que antes estaba obrigado a saldar en cinco (ata o 2022). “La operación hace viable al Dépor y lo fortalece para poder competir de forma muy diferente a cómo lo ha hecho en las últimas temporadas. Este acuerdo, que incluye un plan financiero serio y las garantías de devolución, es una apuesta por un proyecto deportivo y un estadio a la altura del club, de la ciudad y de Galicia”, apuntó Juan Carlos Escotet Rodríguez, presidente de Abanca, na presentación do acordo xunto co presidente Tino Fernández.

  O convenio con Abanca proporcionará liquidez inmediata á entidade deportivista, liquidez que lle permitirá elevar o seu tope salarial dende esta campaña e ampliar as opcións no mercado de fichaxes para formar un equipo máis competitivo. Ademáis, aportará recursos para executar un calendario de reformas no estadio municipal de Riazor, que pasará a chamarse Abanca-Riazor.
Tamén está establecido un periodo de carencia de dous anos no caso dun hipotético descenso a Segunda División que minguaría os ingresos do Deportivo.

  “Con este acordo por fin atopamos unha solución satisfactoria ao maior problema que encontramos cando chegamos ao club. Faremos fronte á débeda do Deportivo de xeito ordenado para seguir sendo a entidade seria e solvente na que a temos convertido, gañando competitividade no que é o verdadeiro motor da institución, o fútbol profesional da Primeira División”, apuntou Tino Fernández.

  Modernización do Estadio

  Ademáis do acordo financieiro, Abanca e o Deportivo firman un novo contrato de publicidade, ampliando a duración do actual. O aspecto máis significativo será esa nova denominación comercial do estadio, Abanca-Riazor, que modernizará as súas instalacións nos vindeiros anos. Trala conclusión da reforma das cubertas, o Deportivo comprométese a mellorar a iluminación e acometer un proxecto de reforma progresiva da fachada exterior coordinada co Concello. Para este plan global de actuación no Estadio Abanca-Riazor, o Deportivo investirá alomenos 7 millóns de euros durante os vindeiros cinco anos.

  Derivado de GConfidencial.
  Foto: Abanca.

Ver todas as noticias

© 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.