e-distrito


Máximo histórico na temperatura do mar en Galicia: o prólogo de perigosos cambios

Máximo histórico na temperatura do mar en Galicia: o prólogo de perigosos cambios

  O afloramento, un fenómeno moi importante nas costas galegas, está diminuíndo debido ao cambio global, polo que o ecosistema está en perigo.

  10 xullo 2.017

  No mes de xuño, coincidindo cunha vaga de temperaturas extremadamente altas en Galicia, Portos do Estado informou de que a súa boia de Cabo Silleiro, pertencente a Rede de Boias de Augas Profundas, rexistrara un máximo histórico de temperatura da auga:19,9ºC, representando un incremento de ata 1,25ºC respecto ao ano anterior. No resto da Península houbo valores igualmente significativos: máis de 27ºC en Tarragona, 23,5ºC en Bilbao-Vizcaya e 24,3ºC no Cabo de Gata. A subida xeral foi de entre 0,5 e 2,5 graos.

  Desde a propia entidade estatal achacaban estes datos ao cambio climático. Pero, hai máis elementos a ter conta? Jesús Gago,investigador do Centro Oceanográfico de Vigo, do IEO, explica que “na temperatura da auga inflúen moitos factores; non existe un só que o explique”. Nas variacións térmicas dos océanos concorre “unha dinámica complexa, con correntes, as ondas, o vento, etc.”. Con todo, Gago sinala que existe un aumento de temperaturas nos últimos tempos, do que xa alertaron no IEO hai catro anos nun estudo realizado na ría de Vigo. “Estes datos confirman os nosos resultados”, expón.

  E como afecta isto a Galicia? O investigador galego explica que o cambio global – Gago prefire empregar este termo en vez de cambio climático – está facendo diminuír o fenómeno do afloramento nas nosas costas. “Debido aos fortes ventos do norte durante o período estival, a auga fríaascende desde os 100-200m de profundidade ata a superficie. Este é o motivo polo que a auga das nosas praias é máis fría no verán que a do Mediterráneo. Pero isto está cambiando tamén, polo que é de esperar que aumente a temperatura”.

Temperatura da rede de boias de augas profundas de portos do estado. sinaladas en vermello, as da costa galega. fonte: portos do estado.

Temperatura da rede de boias de augas profundas de Portos do Estado. Sinaladas en vermello, as da costa galega. Fonte: Portos do Estado.

  Como consecuencia disto, Gago anticipa que se van ver “unha serie de cambios en cascada: acidificaciónsecas e a aparición de especies de augas máis cálidas”. A isto hai que engadir, como xa se está vendo nos últimos anos, “que os eventos extremos se intensifiquen”, polo que cabería agardar “unha maior mortalidade de todo tipo de organismos mariños, desde moluscos a crustáceos, debido a vagas de calor, como xa sucedeu en anos recentes coa poboación humana en Europa”, conclúe Jesús Gago.

  Derivado de GCiencia.
  Foto: Zona de cabo Silleiro, onde Portos do Estado rexistrou o máximo histórico na temperatura da auga. Imaxe: Wikicommons.

Ver todas as noticias

© 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.