e-distrito


Galicia acada cinco ouros no Campionato de España.

Galicia acada cinco ouros no Campionato de España.

  Os ouros de Ana Peleteiro en triplo salto, Solange Pereira nos 1.500 metros e Jean Marie Okutu en lonxitud, únense aos de Lidia Parada en xavelina e Fran Casañas en disco.

  24 xullo 2.017

  Ana Peleteiro en triplo salto, Solange Pereira nos 1.500 e Jean Marie Okutu en lonxitude, tres ouros máis no Campionato de España de atletismo, que se unen aos de Lidia Parada en xavelina e Fran Casañas en disco. Prata para Saleta Fernández en altura con 1,83, mellor marca persoal, e para Belén Toimil en peso.  

  Catro novas medallas, tres ouros e unha prata, as logradas polos atletas galegos na segunda e última xornada do Campionato de España absoluto de atletismo, disputado no estadio Joan Serrahima de Barcelona. Ana Peleteiro en triplo salto, Solange Pereira nos 1.500 metros e Jean Marie Okutu en lonxitude cumpriron os prognósticos e proclamáronse campións de España. Ademáis, prata para a monfortina Saleta Fernández. En total, sete metais, cinco ouros e dúas pratas, ás que hai que engadir o ouro acadado por Solange Pereira formando parte da remuda do 4x400 co seu club (Valencia Esports).

  Os atletas galegos fixeron bos os prognósticos na xornada do domingo. A canguesa Solange Pereira, tras acadar hai unha semana en Rabat a marca mínima para o vindeiro Mundial de Londres, logrou vencer nunha carreira de 1.500 moi lenta, cun rexistro en meta de 4:40.55. Na mesma proba, Leticia Fernandez entrou en quinta posición con 4:43.20.

  Tamén cumpriu coas previsións a ribeirense Ana Peleteiro no triplo salto, acadando o seu segundo título absoluto de campioa de España cun mellor rexistro de 13,67 metros. A terceira medalla de ouro foi para o marinense Jean Marie Okutu, que tivo que agardar ata o sexto e último intento para proclamarse campión de España en lonxitude por quinta vez ao aire libre, cun salto de 7,54 metros.

  Por ultimo, a monfortina Saleta Fernandez fíxose coa prata no salto de altura cunha marca de 1,83, o seu mellor rexistro ao aire libre, que ademáis iguala o récord galego absoluto.

  Tambien cómpre citar o rexistro do xuvenil Pedro Osorio, que mellorou o seu récord galego da categoria na proba dos 800 metros con 1:51.45. O colofón do Campionato de España contou con Solange Pereira na proba dos 4x400 metros, quedando primeira cun rexistro de 3.40.04 sendo a terceira na remuda do Valencia.

  A estas medallas hai que sumar as tres acadados na xornada do sábado. Ouros para Lidia Parada en xavelina e Frank Casañas en disco, e prata para Belén Toimil en peso.

  Derivado de GConfidencial.
  Foto: @ateltismoRFEA. Ana Peleteiro no alto do podio.

Ver todas as noticias

© 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.