e-distrito


Rajoy declara na Audiencia Nacional non coñecer a contabilidade do partido nin a "caixa B" e que os sobresoldos son falsos.

Rajoy declara na Audiencia Nacional non coñecer a contabilidade do partido nin a "caixa B" e que os sobresoldos son falsos.

  Trátase da primeira vez que un presidente español ten que declarar sobre corrupción. A súa intervención sigue a liña da dos tesoureiros do PP hai quince días no Congreso na que alegaron ignorancia.

  Sobre as entregas en efectivo as contas do partido respondeu: "No oí nada"

  Relacionada: /noticias/os-tesoureiros-do-pp-alegan-ignorancia-sobre-a-caixa-b-na-comision-de-investigacion-do-congreso

  26 xullo 2.017

  Na declaración na Audiencia Nacional como testemuña polo caso Gürtel, Rajoy di descoñecer a caixa B e afirma que os sobresueldos son "absolutamente falsos"

  Mariano Rajoy asegurou que non tiña "absolutamente ningunha" idea sobre a existencia dunha caixa B no PP. O seu argumento é que el só se ocupaba da parte política, e que coa económica había "unha separación nítida". "Lo único que me importaba es que los informes del tribunal de cuentas fuesen positivos. Mis responsabilidades eran políticas, no de contabilidad", añadió.

  O avogado de Adade lle preguntou se, como consta nos papeis de Bárcenas, percibiu sobresueldos. "Son absolutamente falsos", afirmou tallante, e explicou que ademais do seu soldo de deputado, os cargos do PP cobraban un "complemento", pero que este estaba declarado a Facenda, e que se deixaba de cobrar cando se entraba a formar parte do Goberno porque era "incompatible".

  Á pregunta de se recibía sobres, Rajoy contestou que, ao negar o cobro de cantidades en efectivo, ese razoamento "non era moi brillante". Esa apreciación valeulle o reproche do tribunal.

  Tamén dixo descoñecer se se producían entregas en efectivo para as contas do partido. Sobre iso "no oí nada", respondeu, para logo recalcar que "jamás" se ocupou de asuntos económicos.

  Bárcenas.

  Rajoy di que lle pareceu "razoable" que Bárcenas seguise con coche e despacho tras deixar o partido. Rajoy confirmou que lembra "perfectamente" a reunión celebrada a mediados de 2010 con Luís Bárcenas e a súa esposa, Rosalía Iglesias, en presenza de Javier Arenas, para "despedirse". Nun primeiro momento, o presidente do Goberno dixo que Bárcenas lle explicou que vivía "unha situación difícil" e que ía dedicar o seu "tempo" para reunirse cos seus avogados e a "defenderse". "Levaba traballando 30 anos na casa", engadiu.

  Cando o avogado Benítez de Lugo preguntou se non se acordou nesa reunión que Bárcenas seguise con despacho, coche, chofer e secretaria do partido, Rajoy respondeu que nos últimos "30 segundos da reunión", Bárcenas pediu unha sala para meter durante un tempo os seus documentos, así como un coche. "Pareceunos razoable facelo", alegou Rajoy.

  O presidente negou que Bárcenas ou a súa esposa ameazasen con prexudicar a Cospedal.

  Derivado de El Diario.

Ver todas as noticias

© 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.