e-distrito


Datos EPA/ O paro baixou en 340.700 persoas e a ocupación subeu en 375.000 durante o segundo trimestre.

Datos EPA/ O paro baixou en 340.700 persoas e a ocupación subeu en 375.000 durante o segundo trimestre.

  Trátase da primeira vez dende 2.008 que o paro baixa de catro millóns. En Galicia o descenso foi de 15.700 persoas.

  27 xullo 2.017

  Semana santa, bo tempo, verán e o mercado de traballo rexurdiu. Os números da Enquisa de Poboación Activa (EPA) do segundo trimestre do ano publicados este xoves mostran unha redución moi alta do número de parados e un aumento fulgurante do emprego. Entre abril e xuño, o número de persoas en paro baixou en 340.700 persoas e o número de ocupados creceu en 375.000, uns datos insólitos durante a crise. 

  Máis aló dos avultados datos trimestrais, esta Enquisa de Poboación Activa supón dous fitos. Por unha banda, é a primeira vez desde 2008 que o número de persoas en paro (medidas en EPA) baixa dos catro millóns. Por outro, a taxa de paro, que se sitúa no 17,2%, non baixaba ata ese nivel desde 2009. É dicir, fixeron falta oito anos de crises para que as cotas de paro volvan ao principio, a 2009, ao ano no que España certificou a súa entrada nunha recesión que deixou un mercado laboral maltreito.

  2008 acabou con algo máis de tres millóns de parados, segundo a EPA. A partir de aí os récords negativos sucedéronse, ata tocar o teito en 2013, con 6.278.200 persoas en paro e unha taxa de case o 27%. Case nove anos despois aínda quedan 3.914.300 desempregados. En termos de emprego, o balance aínda é máis duro: hoxe hai case dous millóns de persoas menos traballando que a mediados de 2008.

  De volta ao segundo trimestre deste ano, foron os servizos os que tiraron do emprego. As actividades relacionadas co turismo, a hostalería ou o comercio foron as responsables da maior parte dos novos postos de traballo. Os datos de ocupación mostran a aínda debilidade do emprego público, que só gañou 29.900 postos de traballo. 

  Os novos ocupados teñen, sobre todo, contratos temporais: dos 349.500 novos asalariados, 255.900 tiveron un contrato eventual. O groso dos novos postos de traballo foron a tempo completo. O emprego parcial perdeu 4.200 ocupados.

  A evolución, tanto do paro como do emprego, favoreceu máis aos homes: 208.400 ocupados máis fronte a 166.700 ocupadas máis; e 189.200 desempregados menos fronte a unha redución de 151.500 paradas. 

  A poboación activa (os maiores de 16 anos en disposición de traballar e en procura dun emprego) creceu no segundo trimestre do ano en 34.300 persoas. A pesar deste lixeiro aumento, a poboación activa leva varios trimestres encadeando baixadas con leves repuntes e está agora nun dos niveis máis baixos de toda a crise.

  Galicia.

  A nivel galego os datos de descenso do desemprego foron tamén positivos traducíndose nun descenso do 7´2 % e nunha baixada de 15.700 persoas en paro entre abril e xuño. O número total de parados queda en 201.500.

  Derivado de ElDiario

Ver todas as noticias

© 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.