e-distrito


Pontón denuncia que a conexión galega da Gürtel salpica directamente a Feijóo

Pontón denuncia que a conexión galega da Gürtel salpica directamente a Feijóo

  A Administración galega asinou até 2.500 contratos con 16 empresas cuxos nomes aparecen nos papeis de Bárcenas, segundo os dados suliñados por Pontón en comparecencia informativa.

  28 xullo 2.017

  Do testemuño emprestado esta cuarta feira por Rajoy na Audiencia Nacional a portavoz nacional do BNG tira unha conclusión clarísima: nen el nen Feijóo -pola súa valoración posterior- teñen o menor interese en esclarecer os vínculos que unen o PP coa conexión galega da Gürtel.

  "No PP non hai ningún interese en colaborar coa xustiza para esclarecer o seu financiamento ilegal e só pretenden levantar un muro de ocultación para impedir que saibamos a verdade", dixo esta quinta feira Ana Pontón en conferencia de imprensa. A líder do BNG acrecentou que da consulta da documentación disponíbel se conclúe que "Galiza foi usada como moeda de cambio polo PP coas empresas implicadas xa desde as eleccións de 1999 con pagamentos en negro de actos de campaña a unha das empresas de referencia da trama, Especial Events".

  Especial Events facturou 165.000 euros á Xunta da Galicia por un asesoramento en materia de agricultura inexistente e a Administración galega, xerida por cargos do PP, asinou até 2.500 contratos con 16 empresas cuxos nomes aparecen nos papeis de Bárcenas, segundo os dados postos en destaque por Pontón na súa comparecencia informativa.

  "Afecta o PPdeG e salpica directamente Feijóo que xa estaba ao fronte do PP da Galiza", dixo a líder do BNG, para quen "son moitas zonas escuras en relación co financiamento do PP e os seus vínculos na Galiza que deberían ser explicados e non seren fechados en falso".

  Na súa declaración perante a Audiencia Audiencia en calidade de testemuña no xuízo da Gürtel, Mariano Rajoy afirmou ignorar a existencia dunha carta dirixida a el en que un dos encartados na trama -o empresario Álvaro Pérez, alias O Bigotes- lle reclamaba, na súa condición de dirixente do partido, o pagamento dunha débeda contraída pola Administración galega. 

  Feijóo respaldou fechadamente o silencio de Rajoy: "Contou o que sabe".

  Derivado de Sermos Galiza.

Ver todas as noticias

© 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.