e-distrito


A sección de Noticias de E-distrito non será actualizada durante o mes de agosto.

A sección de Noticias de E-distrito non será actualizada durante o mes de agosto.

  O programa para a filiación de comercios á Plataforma tamén estará paralizado durante este mes. A sección Axenda de eventos seguirá activa e actualizada permanentemente.

  31 xullo 2.017

  Con motivo das vacacións de parte do personal de E-distrito, a sección Noticias deixará de publicar novas durante o mes de agosto e éstas regresarán á Plataforma no mes de setembro. Non obstante poderán seguirse consultando as noticias publicadas con anterioridade. 

  Ésta non é a única sección afectada e o Programa de filiación de comercios estará paralizado durante o mesmo mes. Os comercios que se atopan a espera de ser publicados xa foron contactados polos nosos xestores para informarlles de que a súa alta se producirá ao longo da primeira quincena de setembro. Do mesmo xeito, todos aqueles comerciantes que desexen seren incluídos nos nosos listados deberán de mandarnos un mail solicitándoo á conta de correo contratacións@e-distrito.com na cal confirmaremos a petición e concertaremos unha cita tamén para o mes de setembro. 

  Os traballos contratados antes do 01 de agosto -diferentes á altas de comercio- non sufren ningún cambio e os prazos siguen a cumplirse dentro dos acordos contractuais.

  A sección Axenda de Eventos non sufre ningún cambio neste periodo e seguirá activa e actualizada permanentemente.

  En E-distrito queremos aproveitar a ocasión para dar as grazas a todos os nosos clientes e usuarios que convertiron a nosa plataforma na máis importante a nivel comercial da cidade da Coruña, a que máis comercios inscritos ten e a máis visitada según webs internacionais de analítica de tráfico web como Alexa. Tamén queremos agradecer aos nosos clientes de servizos de internet, publicidade e creación de páxinas web a súa fidelidade. A nosa meta é seguir dando a calidade de servizo actual a prezos populares e ir pouco a pouco ampliando tanto os nosos productos como a súa competitividade.

Ver todas as noticias

© 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.