e-distrito


A Guardia Civil detén ao número dous de Junqueras e a outras 13 persoas nunha operación contra el 1-O.

A Guardia Civil detén ao número dous de Junqueras e a outras 13 persoas nunha operación contra el 1-O.

  Axentes do corpo entran nas sedes de Economía e Facenda, Exteriores, Gobernación e Traballo e Asuntos Sociais da Generalitat. Junqueras defíneo como "demostración do estado policial". 

  20 setembro 2.017

  Operativo da Garda Civil para impedir que se celebre o referendo. Axentes da Garda Civil, por orde do xuíz, rexistran este mércores varios departamentos e organismos do Govern e dúas sedes de empresas privadas. Tamén practicaron un total de 14 detencións, na súa maioría a altos cargo da Generalitat, polo 1-O. Son os primeiros arrestos polo referendo.

  Fontes policiais indicaron que entre os detidos figuran dous estreitos colaboradores de Oriol Junqueras na Generalitat, o secretario xeral de Vicepresidencia e Economía e Facenda, Josep Maria Jové; e o secretario de Facenda, Lluís Salvadó. Os axentes entraron á primeira hora da mañá e están a rexistrar as sedes de Economía e Facenda, Exteriores, Gobernación e Traballo e Asuntos Sociais, así como entes dependentes da Generalitat como a Axencia Tributaria de Catalunya (ATC). Segundo informaron fontes do Govern, os axentes buscan documentación relacionada co referendo do 1-O. Así mesmo, a Garda Civil incautou papeletas para votar nunha nave industrial de Bigues i Riells (Barcelona).

  Poucos minutos despois de iniciarse os rexistros, varias decenas de persoas, convocadas a través das redes sociais por Òmnium Cultural e a Assemblea Nacional Catalá (ANC), concentráronse fronte á sede de Economía. A concentración obrigou a cortar a Gran Via de Barcelona.

  Os cargos detidos este mércores traballan en cinco departamentos. Trátase de Joan Manel Gómez, responsable do voto electrónico da conselleria de Gobernación; Juan Manuel Gómez, cargo de Economia; Xavier Puig Farré, de Asuntos Sociais; Josué Sallent e David Franco, do Centro de Telecomunicacións, dependente de Presidència; e David Palancad, de Asuntos Exteriores.

  Hai outros dous detidos que non son altos cargos senón que están relacionados cunha nave industrial de Bigues i Riells (Barcelona), onde a Garda Civil se incautou de papeletas para votar no referendo do 1 de outubro, informa a axencia EFE. Ademais das papeletas impresas co "si" e o "non", interviñeron numeroso material electoral que aínda non foi contabilizado. Os axentes están a rexistrar as distintas sedes gobernamentais p or orde do titular do xulgado de instrución 13 de Barcelona, Juan Antonio Ramírez Suñer, que leva meses investigando baixo segredo de sumario os preparativos do referendo a partir das polémicas declaracións do xuíz e exsenador de ERC, Santiago Vidal.

  En declaracións a Catalunya Radio, o vicepresident e conseller de Economía, Oriol Junqueras, lamentou o rexistro policial na sede do seu departamento, actuación que tachou de "demostración de estado policial". "Entran no Govern como en calquera empresa. Poden tentar intervilo todo, como os carteis", afirmou Junqueras.

  Tras os rexistros, o president da Generalitat, Carles Puigdemont, convocou unha reunión extraordinaria do Govern para este mediodía. O portavoz do Executivo, Jordi Turull, pediu calma a través do seu perfil de Twitter e reiterou o seu compromiso co procés. "Moita calma e serenidade ante este estado policial e de sitio. O noso compromiso segue intacto e con máis razóns cada hora que pasa".

  Derivado de El Diario.
  Foto: Concentración na Gran Vía contra os rexistros e detencións minutos despois de iniciarse éstos.

Ver todas as noticias

© 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.