e-distrito


Feijóo considera o referéndum que pretende Catalunya e o "Brexit" de Inglaterra como mostras de populismo e demagoxia.

Feijóo considera o referéndum que pretende Catalunya e o "Brexit" de Inglaterra como mostras de populismo e demagoxia.

  O presidente contrapón as consultas populares coa "identidade aperturista" de Galicia da cal pon como exemplo a emigración a América e Europa. Miles de persoas maniféstanse ao berro "Votar non é delicto".

  Respecto a intervención policial e ás detencións de altos cargos do Govern de onte, considera que "a ninguén lle debe sorprender que nun estado de dereito se aplique a lei".

  21 setembro 2.017

  O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo recordou onte, durante a inauguración do XIII Congreso da Asociación Española de Ciencia Política, A fortaleza de Europa: valados e pontes, que incumprir a lei ten consecuencias. “Sempre as tivo e sempre as terá”, sentenciou, ao que engadiu que “a ninguén lle debe sorprender que nun Estado de Dereito se aplique a lei”.

  Durante o acto, Feijóo apelou así á política baseada na responsabilidade fronte ao populismo e á demagoxia. “Responsabilidade fronte a irresponsabilidade, fronte ao activista que se instala nas institucións, sen asumir ningunha consecuencia”, dixo, subliñando que tanto o brexit como o ataque á legalidade democrática que se está a vivir en Cataluña, son mostras de vixente actualidade.

  Ao longo da súa intervención, o responsable do Executivo autonómico resaltou que a historia de Galicia resúmese na superación de valados e o tendido de pontes. “Primeiro fixémolo trasladando Galicia a América e ao corazón industrial de Europa, nas humildes maletas dos emigrantes. Foi aquel éxodo a primeira greta no valado”, dixo, se ben lembrou que o derribo definitivo do muro chegou coa democracia e o autogoberno.

  Feijóo incidiu en que os galegos soubemos interpretar a nosa identidade dun xeito diferente a como o fixeron outros: “É a nosa unha identidade aperturista e inclusiva que busca síntese e non pon reparos a sumar outras identidades. Temos unha cobiza identitaria que nos permite sentirnos con igual intensidade galegos, españois e europeos. Non queremos renunciar a ningunha das facetas que configuran a nosa personalidade”, abundou.

  Así mesmo, aseverou que o nacemento da autonomía supón a eclosión dese sentimento, grazas á coincidencia de dúas circunstancias: “Un pobo sabio e uns dirixentes guiados por iso que Xerardo Fernández Albor bautizou como sentidiño”.

  Manifestacións.

  Miles de galegos saíron á rúa este mércores e participaron en actos de protesta nas sete cidades contra as detencións de varios cargos do Govern de en Cataluña nun operativo contra a organización do referendo, á vez que manifestaron o seu apoio á cita do 1 de outubro.

  Estas protestas, convocadas pola plataforma Galiza com Catalunya, celebráronse na Comunidade baixo a lema conxunto de "Fascismo nunca máis" e nelas reivindicouse o "dereito a decidir" do pobo catalán

  A maior repercusión das mesmas a acaparou Santiago, onde ao redor dun milleiro de persoas participou nunha protesta que comezou como concentración na Praza do Toural, pero converteuse nunha marcha que transcorreu por Porta Faxeira, Rúa da Senra, Praza de Galicia e de volta ao momento de partida.

  A protesta obrigou a cortar o tráfico en varias rúas con retencións e colas de decenas de coches, pero non houbo outro tipo de incidentes. 

  A manifestación discorreu baixo a lema "Galiza com Catalunya", entre berros de "Democracia" e "Votarem". Tamén se puideron ler carteis con lemas como "Votar non é delito" ou "Franco non morreu".

  Entre os asistentes que participaron nas mobilizacións contáronse representantes de En Marea, BNG, CIG, Marea Atlántica, AGE e e Galiza Nova, entre outras organizacións.

  Derivacións: Xunta de Galicia - Galicia Confidencial.

Ver todas as noticias

© 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.