e-distrito


Copasa é a primeira empresa que se traslada de Catalunya a Galicia. Alega "inseguridade xurídica".

Copasa é a primeira empresa que se traslada de Catalunya a Galicia. Alega "inseguridade xurídica".

  Con motivo do Process catalán segue a estela de outras que abandoaron Catalunya como Caixabank, Banco Sabadell, Catalana Occidente, Adeslas, Gas Natural Fenosa, Adeslas ou MRW.

  Os independentistas aseguran que a economía real segue a funcionar ben e amósanse convencidos de que a maioría de estas empresas volverán. Advirten de que nun escenario de independencia as empresas que desenvolvan a súa actividade en Catalunya estarían obrigadas a pagar os seus impostos en Catalunya.

  10 outubro 2.017

  O grupo construtor Copasa acordou trasladar a Santiago de Compostela a sede da súa filial de medioambiente Pesa, ata agora situada en Barcelona, segundo informou a empresa. 

  Copasa atribúe esta medida á "situación de inseguridade xurídica, financeira e normativa aberta en Cataluña" e ao seu obxectivo de "garantir o pleno desenvolvemento da actividade da empresa a todos os niveis nun marco estable e sen incertezas".

  O grupo Copasa, que ten a súa sede social en Ourense, garante que o traslado do domicilio da filial "non implica alteración ou cambio algún nas condicións ou na prestación dos servizos das diferentes liñas de negocio nas que opera a firma, tanto en Cataluña como no resto de mercados".

  "De feito, a principal oficina operativa de Pesa, situada en Sant Cugat del Vallés, manterá a súa actividade e o seu persoal", garante a compañía nun comunicado.

  Con esta decisión, Copasa convértese na primeira empresa que opta por Galicia para mover unha das sedes da súa empresa de Barcelona.

  Pesa (a antiga Passavant España) dedícase ao deseño, construción e operación de instalacións de tratamento integral da auga. A firma acometeu, entre outros, proxectos como as depuradoras das fábruicas de Danone en España ou nos centros de produción de Seat en Martorell.

  A firma ten sede en Barcelona porque se constituíu nesta cidade en 1987 como filial da empresa alemá Passavant Werke. En decembro de 2006, Copasa adquiriu o 55% do seu capital e seis anos despois, o grupo que preside José Luís Suárez exerceu o seu dereito de compra do 45% do capital restante, entón en mans do grupo alemán Bilfinger.

  Derivado de Galicia Confidencial.
  Foto: Sede en Barcelona de PESA Medioambiente, filial de Copasa | Fonte: Google Maps.

Ver todas as noticias

© 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.