e-distrito


Saenz de Santamaría asume o control de Catalunya mediante a aplicación do art. 155 da CE.

Saenz de Santamaría asume o control de Catalunya mediante a aplicación do art. 155 da CE.

  O BOE publica os cambios de funcións da Administración catalá á española, según a cal traspasa a cada ministro as tarefas dos diferentes departamentos autonómicos.

  Europa apoia a postura española pero pídelle que non faga uso da forza ao igual que no 1-O.

  As eleccións quedan convocadas para o 21 de decembro. Nas anteriores de 2.015, JxSí acadou o 39´5% dos votos mentres que o PP foi o quinto partido cun 8´5%.

  28 outubro 2.017

  O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, xa é formalmente o responsable da Generalitat de Catalunya. O BOE publicou non só o cesamento de Carles Puigdemont e dos seus conselleiros, senón tamén as competencias e funcións que se traspasan agora ao goberno central e as mans que as deberán asumir. Con todo, será Soraya Sáenz de Santamaría a encargada de facer as veces de Puigdemont no día a día para facilitar as tarefas executivas que supón administrar unha comunidade autónoma.

  A vicepresidenta asume o maior poder, a voz  e a capacidade de comunicación da Generalitat e as súas relacións co exterior ademais da  a potestade normativa da autonomía.

  Segundo o texto publicado de madrugada,  Rajoy é o designado para tomar as rendas de Catalunya. Así se explica que "o Presidente do Goberno da Nación asume as funcións e competencias que corresponden ao Presidente da Generalitat de Cataluña, previstas no Estatuto de Autonomía". O traspaso de funcións vai descendendo en escala e a vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, asume as atribucións competenciais que ata agora ostentaba Oriol Junqueras como segundo de abordo, aínda que con algunhas derivadas pola particularidade da súa responsabilidade económica.

  Con todo, para facilitar o día a día, o texto fai unha segunda volta de traspaso de competencias efectivas de forma que "o Presidente do Goberno da Nación delega as funcións que se lle atribúen o artigo 3 [dese mesmo texto] deste Real Decreto na Vicepresidenta do Goberno e Ministra para as Administracións Territoriais". É dicir, que será Sáenz de Santamaría a que se encargará de executar o goberno da Generalitat en lugar de Mariano Rajoy.

  Fontes de Moncloa xa avisaron este venres que Sáenz de Santamaría podería asumir a xestión do Govern, pero non quixeron adiantar cando se faría efectiva nin a fórmula legal na que se faría a delegación de funcións.  

  En canto aos ministros, desígnaselles "como titulares dos seus Departamentos" e  "quedan habilitados para o exercicio das funcións e para a adopción de acordos, resolucións e disposicións que correspondan aos Conselleiros, conforme á lexislación autonómica de aplicación, na esfera específica da súa actuación". O texto insiste en que todos estes encaixes fanse para garantir o funcionamento da comunidade catalá e subliña que deben facerse "con suxeición aos principios de prudencia e proporcionalidade e con pleno respecto á Autonomía de Cataluña". Como o traspaso de carteiras non pode ser exacto, as consellerías de ningunha comunidade autónoma non son clons dos ministerios do Goberno central, o texto ten que ir debullando a repartición das principais funcións, axencias e organismos que colgan de cada departamento.

  Ante a posibilidade de que tanto algún dos consellers como os seus cargos de confianza decidan rexeitar o seu cesamento e se resistan a abandonar o seu posto, fontes de Moncloa explicaron que estas persoas "van deixar de cobrar e non poden asinar ningún tipo de documento oficial porque cometerían un delito de usurpación de funcións".  

  A vicepresidencia económica que ostentaba Oriol Junqueras é unha das máis repartidas entre distintos ministerios. Aínda que Cristóbal Montoro queda cos tributos e coa maior parte das axencias de relevancia, cédese a competencia de celebracións electorais ao ministerio do Interior. Tamén se reparte funcións craves como o Centro de Telecomunicacións e Tecnoloxías da Información (CTTI) e das funcións do Centro de Seguridade da Información de Cataluña (CESICAT) que unha parte queda a vicepresidenta, Sáenz de Santamaría e outra o ministerio de Facenda.

  A dirección xeral de medios e a oficina de prensa da Generalitat pasa a depender directamente da vicepresidenta, ademais de controlar a Oficina do Goberno, a Dirección Xeral de Coordinación Interdepartamental, o Centro de Estudos de Opinión, que é o organismo que se encarga de facer enquisas como o CIS pero a nivel autonómico, e a Entidade Autónoma do Diario Oficial e de Publicacións da Generalitat de Cataluña (EADOP), que é o organismo que publica o boletín oficial da comunidade autónoma, é dicir, todas a normativa autonómica e municipal e todas as decisións xudiciais que se tomen en Catalunya teñen que pasa  polo departamento que controla a vicepresidenta.

  As relacións oficiais da Generalitat tamén quedarán baixo a tutela da vicepresidenta. A súa carteira asume a Dirección Xeral de Relacións Institucionais e co Parlamento ademais do  Departamento de Asuntos e Relacións Institucionais e Exteriores e Transparencia, así como a Secretaría Xeral de Asuntos e Relacións Institucionais e Exteriores e Transparencia e  a Oficina de Seguimento e Apoio ás Comisións paritarias Estado-Generalitat.

  Ademais, a representación da Generalitat nas provincias catalás e en Madrid tamén quedan baixo o seu control mediante as Delegacións do Goberno da Generalitat no territorio catalán e da Delegación do Goberno da Generalitat en Madrid, cuxo delegado, Ferran Mascarell foi destituído. Aínda que o ministerio do Interior asume funcións da área de Procesos Electorais e Consultas Populares, o ministerio que dirixe a vicepresidenta ten baixo a súa competencia a Secretaría de Administración Local e as funcións correspondentes a consultas populares da Secretaría Xeral deste Departamento. 

  Un dos ministros que estreou as súas competencias foi Juan Ignacio Zoido ao destituír ao maior dos mossos Josep Lluís Trapero.

  Derivado de ElDiario.

Ver todas as noticias

© 2017 E-distrito. Todos os dereitos reservados.
Queda rigorosamente prohibida a reprodución total e/ou parcial, por calquera medio ou procedemento, do contido (incluíndo textos, fotografías, imaxes, e vídeos entre outros) existente en www.e-distrito.com, sen autorización expresa. www.e-distrito.com non adquire responsabilidade sobre a veracidade ou exactitude da información descrita. As seccións Axenda e Noticias son as únicas onde se exceptúa o anterior copyright para pasar a CC BY-SA.
E-distrito adica o 0,7% dos seus beneficios a fins de interese social, erradicación da pobreza e marxinalidade, preservación do medio, desenvolvemento sostible e defensa dos animais.